Saltar ao contido

Erik Olin Wright

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaErik Olin Wright

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de febreiro de 1947 Editar o valor en Wikidata
Berkeley, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte23 de xaneiro de 2019 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Milwaukee, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteleucemia mieloide aguda (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
President of the American Sociological Association (en) Traducir
2012 – 2013
President of the American Sociological Association (en) Traducir
2012 – 2012 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Ideoloxía políticaMarxismo analítico (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de California, Berkeley - socioloxía (–1976)
Balliol College, Oxford (pt) Traducir - historia (–1970)
Harvard College - estudos sociais (pt) Traducir (–1968) Editar o valor en Wikidata
Director de teseArthur L. Stinchcombe e Michael Reich (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsociólogo, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Wisconsin-Madison Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoVivek Chibber (pt) Traducir, Gøsta Esping-Andersen (pt) Traducir, Robin Stryker (en) Traducir, João Alexandre Peschanski (pt) Traducir, George Steinmetz (pt) Traducir, Wilmot James (en) Traducir, Andrew Szasz (en) Traducir, Josh Whitford (en) Traducir, Devah Pager, Eduardo Bonilla-Silva (en) Traducir, Shamus Khan (pt) Traducir e Stephanie Luce (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesRobert L. Kahn, sogro Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webssc.wisc.edu… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1162096 Dialnet: 234203

Erik Olin Wright nado en Berkeley (California) o 9 de setembro de 1947, e finado 23 de xaneiro de 2019, foi un sociólogo marxista estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade de Harvard e no Balliol College de Oxford e na Universidade de California. É profesor na Universidade de Wisconsin, Madison. É director do Real Utopias project, un foro de discusión, investigación e publicacións sobre a transformación social.

Pensamento

[editar | editar a fonte]

Olin Wright pretende repensar as teorías clásicas marxistas sobre a estrutura de clases nas sociedades capitalistas contemporáneas. Estas están apegadas excesivamente á identificación do obreiro co traballador manual produtor de mercancías sen clarificar a posición que ocupan os demais asalariados na definición de intereses de clases e na propia loita de clases. Para Olin Wright a distinción entre traballo produtivo e improdutivo é secundaria, pois ela non supón unha diferenza substancial dos intereses de clase. En ámbolos dous casos o capitalista obtén unha plusvalía aínda que xerado en fases e momentos distintos. Aínda que os distintos tipos de traballadores no capitalismo avanzado poden ter intereses inmediatos dispares comparten aqueles que son fundamentais. O socialismo debe artellar unha estratexia que teña en conta ambos tipos de intereses. A revolución acontece cando os explotados ven coincidir os intereses inmediatos cos fundamentais.

Olin Wright subliña que Lenin non tivo en conta suficientemente o factor organizativo, polo que acode a Max Weber para sacar as consecuencias políticas para a toma organizada do poder por parte da clase obreira. Resulta fundamental erosionar as formas burocráticas do capitalismo e non reproducilas no proceso revolucionario da toma de poder por parte da esquerda. A participación directa dos colectivos de traballadores organizados é esencial. Se non se robustece e cohesiona previamente a capacidade da clase obreira, usar o Estado capitalista tardío para destruílo pode xerar unha nova forma de corporativismo alleo ao interese do traballador.

  • Class, Crisis and State
  • Classes
  • Class Counts: Comparative Studies in Class Analyses
  • Interrogating Inequality