Saltar ao contido

Erguendo a bandeira en Iwo Jima

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Erguendo a bandeira en Iwo Jima

Tipofotografía e edición Editar o valor en Wikidata
Autoría
Creador/aJoe Rosenthal Editar o valor en Wikidata
Temática
Tema principalBatalla de Iwo Jima Editar o valor en Wikidata
Parte deGeneral Records of the Department of the Navy (NAID 409) (en) Traducir e General Photographic File of the Department of Navy (NAID 520587) (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Publicación
Datas
Data23 de febreiro de 1945 Editar o valor en Wikidata
Data de creación23 de febreiro de 1945 Editar o valor en Wikidata
Localización
ColecciónArquivos Nacionais e Administração de Documentos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de creaciónMonte Suribachi (pt) Traducir e Illa de Iwo To Editar o valor en Wikidata
Premios
Fontes e ligazóns
Wikidata ] C:Commons ]
Vídeo sobre a colocación da bandeira.

Erguendo a bandeira en Iwo Jima (en inglés: Raising the Flag on Iwo Jima) é o nome dunha fotografía histórica tirada o 23 de febreiro de 1945 por Joe Rosenthal na illa de Iwo Jima, no Xapón. Amosa cinco marines dos Estados Unidos e un médico da Armada alzando a bandeira estadounidense no monte Suribachi durante a batalla de Iwo Jima na segunda guerra mundial.

A foto chegou a ser moi popular e foi reimpresa moitas veces, o seu autor obtivo o premio Pulitzer de fotografía. Está considerada como a instantánea de guerra máis importante da historia, unha das máis reproducidas do mundo.[1]

Reprodución da fotografía no dólar de prata do 230 aniversario do Corpo de Marines (2005)

Dos seis homes que aparecen na imaxe, tres (Franklin Sousley, Harlon Block e Michael Strank) caeron en combate, mentres que os sobreviventes (John Bradley -despois dunha longa investigación, o Corpo de Infantaría de Mariña dos Estados Unidos recoñeceu que Bradley non estivo na foto senón o infante Harold Schultz, quen sobreviviu á guerra-, Rene Gagnon e Ira Hayes) convertéronse en celebridades debido ó uso propagandístico de guerra que se realizou coa súa aparición. A imaxe foi utilizada por Felix de Weldon para esculpir o Memorial de Guerra do Corpo de Marines dos Estados Unidos, xunto do Cemiterio Nacional de Arlington, nos arredores de Washington, D.C.

  1. "Fifty Years Later, Iwo Jima Photographer Fights His Own Battle". Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2004. Consultado o 16 de outubro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]