Erías, Ḷḷena
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Asturias | ||||
| Provincia | provincia de Asturias | ||||
| Concello | Ḷḷena | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 61 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 6,42 km² | ||||
| Bañado por | río Payares | ||||
| Altitude | 633 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 33694 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 33033090000 | ||||
Erías[1] é unha parroquia do concello asturiano de Ḷḷena. A parroquia ten unha extensión de 6,66 km² e unha poboación de 54 habitantes (segundo datos de 2009). A vila está situada a 7,3 quilómetros de La Pola e atópase a 560 metros de altitude.
Lugares
[editar | editar a fonte]Segundo o nomenclátor de 2009, a parroquia abrangue as poboacións de:
- Bendueños (aldea): 1 habitante;
- La Frecha (lugar): 21 habitantes;
- Erías (lugar): 14 habitantes;
- Eros (aldea): 6 habitantes;
- Renueva (casaría): 12 habitantes.
Tamén forman parte da parroquia as casarías de La Barraca, El Cabanón, El Quentu e Samiguel d'Eros.
Historia
[editar | editar a fonte]O seu poboamente remóntase polo menos á Idade Media, xa que se atoparon restos dun mosteiro do século X, o mosteiro de Santolaya,[2] xunto ao que se encontraban unhas viñas, as chamadas leiras de Viñamayor, cuxa posesión pola Orde de San Bieito está documentada.[3] Pola súa parte, a igrexa parroquial, adicada a San Claudio, conserva a data de 1175 nunha das súas pedras.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Topónimos oficiais do concello de Ḷḷena" (PDF). sede.asturias.es. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de febreiro de 2022. Consultado o 6 de agosto de 2021.
- ↑ Lena: un conceyu na montaña central asturiana: Hospitales y malatas.
- ↑ Lena: un conceyu na montaña central asturiana: Herías.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Asturias |

