Parana[1] é unha parroquia do concelloasturiano de Ḷḷena. Ocupa o extremo centrooriental do concello e linda ao leste, nordés e sueste co concello de Ayer, ao suroeste coa parroquia de Cabezón, ao oeste coa de Las Puentes e ao noroeste coa de Congostinas. Ten unha extensión de 23,33 km² e unha poboación (INE, 2010) de 40 habitantes. Estes repártense entre a vila homónima (38 habitantes) a as casarías de Santandrés, que ten dous habitantes, e as de Navidiiḷḷu, La Polea e Viḷḷar, hoxe en día deshabitadas.
A vila de Parana está dividada en dous barrios, Ḷḷugar de Riba e Ḷḷugar de Baxu, que arrodean o núcleo de La Casona, un caserón que se chama tamén L'Hospital, porque contan que nel houbo un albergue para os camiñantes que baixaban dos altos de Pendilla ou dos de Payares.