Felgueras, Ḷḷena
Aparencia
| Felgueras, Ḷḷena | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||
Felgueras[1] é unha parroquia do concello asturiano de Ḷḷena. Ten unha superficie de 8,48 km² na que viven 116 persoas (segundo datos de 2017).
O lugar de Felgueras atópase a unha altitude de 525 msnm e a 5,50 km de La Pola, a capital do concello.
Núcleos
[editar | editar a fonte]
A parroquia está formada polas seguintes localidades:
- Localidades
- Alceo
- Las Campas
- Felgueras
- Los Consorios
- Palacio
- Santa Cristina
- Casarías
- La Covecheta
- La Malata
- Valgüena
Demografía
[editar | editar a fonte]Monumentos
[editar | editar a fonte]
Nesta parroquia atópase a igrexa de Santa Cristina de Ḷḷena, monumento prerrománico de mediados do século IX. Esta igrexa foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en decembro de 1985.
Medios de transporte
[editar | editar a fonte]Para acceder a Felgueras e á igrexa por estrada, cómpre saír da autovía A-66, tomar a N-630 (Ruta da Prata) e agora AS-242; e cruzar a ponte sobre o río Ḷḷena. Tanto Felgueras como a ermida están na beira dereita do río.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Topónimos oficiais do concello de Ḷḷena" (PDF). sede.asturias.es. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de febreiro de 2022. Consultado o 6 de agosto de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Asturias |

