Epsilonproteobacterias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Epsilonproteobacterias
Campylobacter
Campylobacter
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Epsilonproteobacteria
Ordes

As epsilonproteobacterias ou Epsilonproteobacteria (tamén escrito epsilon-proteobacterias ou proteobacterias epsilon) é un grupo de bacterias Gram-negativas que se consideran unha clase dentro do filo das Proteobacteria. [1]

As Epsilonproteobacteria comprenden poucos xéneros, principalmente os xéneros curvos ou espiriloides Wolinella spp., Helicobacter spp., e Campylobacter spp. A maioría das especies coñecidas habitan no tracto dixestivo de animais e son simbiontes (Wolinella spp. na vaca) ou patóxenos (Helicobacter spp. no estómago, Campylobacter spp. no duodeno).

Ademais foron recollidas numerosas secuencias de Epsilonproteobacteria en mostras procedentes de hábitats de chemineas hidrotermais e de fontes de emanacións frías gasosas. Un membro da clase é un endosimbionte das grandes branquias do caracol mariño Alviniconcha hessleri. [2]

Con frecuencia as epsilonproteobacterias que viven en chemineas hidrotermais abisais mostran características metabólicas quimiolitótrofas, e poden satisfacer as súas necesidades enerxéticas reducindo ou oxidando compostos químicos. [3]

Filoxenia[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Taxonomía bacteriana.

No cladograma móstrase a taxonomía actualmente aceptada do grupo baseada na LPSN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) [4] e na base de datos taxonómicos do NCBI (National Center for Biotechnology Information) [5] e a filoxenia baseada nos datos do ARNr de 16 S da LTP 106 do Proxecto The All-Species Living Tree. [6]


  Nautiliaceae

Thioreductor micantisoli Nakagawa et al. 2005




Caminibacter Alain et al. 2002




Lebetimonas acidiphila Takai et al. 2005



Nautilia Miroshnichenko et al. 2002







Nitratiruptor tergarcus Nakagawa et al. 2


  Campylobacterales

Hydrogenimonas thermophila Takai et al. 2004




?Sulfuricurvum kujiense Kodama and Watanabe 2004



?Thiovulum majusHinze 1913





Nitratifractor salsuginis Nakagawa et al. 2005



Sulfurovum lithotrophicum Inagaki et al. 2004




Sulfurimonas Inagaki et al. 2003 emend. Takai et al. 2006




  Helicobacteraceae

Wolinella Tanner et al. 1981



Helicobacter Goodwin et al. 1989 emend. Vandamme et al. 1991



  Campylobacteraceae

?'Candidatus Thioturbo danicus' Muyzer et al. 2005



Arcobacter Vandamme et al. 1991 emend. Vandamme et al. 1992




Sulfurospirillum Schumacher et al. 1993 emend. Luijten et al. 2003



Campylobacter Sebald and Véron 1963 emend. Vandamme et al. 2010









Notas:
♪ Procariotas dos que non hai cultivos puros (axénicos) illados ou dispoñibles, é dicir, non se poden cultivar ou só se manteñen os cultivos por pouco tempo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "www.ncbi.nlm.nih.gov". http://www.ncbi.nlm.nih.gov/Taxonomy/Browser/wwwtax.cgi?mode=Info&id=29547. Consultado o 29 xuño 2012. 
  2. Yohey Suzuki, Takenori Sasaki, Masae Suzuki, Yuichi Nogi, Tetsuya Miwa, Ken Takai, Kenneth H. Nealson & Koki Horikoshi (September 2005) Novel Chemoautotrophic Endosymbiosis between a Member of the Epsilonproteobacteria and the Hydrothermal-Vent Gastropod Alviniconcha aff. hessleri (Gastropoda: Provannidae) from the Indian Ocean. Applied and Environmental Microbiology, 71(9): 5440-5450.
  3. Takai, Ken; et al. (2005). "Enzymatic and genetic characterization of carbon and energy metabolisms by deep-sea hydrothermal chemolithoautotrophic isolates of epsilonproteobacteria". Applied and Environmental Microbiology 71 (11): 7310–7320. http://aem.asm.org/cgi/reprint/71/11/7310.pdf. 
  4. J.P. Euzéby. "Epsilonproteobacteria". List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LPSN) [1]. http://www.bacterio.cict.fr/classifphyla.html#Proteobacteria. Consultado o 29 xuño 2012. 
  5. Sayers et al.. "Epsilonproteobacteria". National Center for Biotechnology Information (NCBI) taxonomy database [2]. http://www.ncbi.nlm.nih.gov/Taxonomy/Browser/wwwtax.cgi?mode=Undef&id=29547&lvl=4&lin. Consultado o 29 xuño 2012. 
  6. 'The All-Species Living Tree' Project."16S rRNA-based LTP release 106 (full tree)". Silva Comprehensive Ribosomal RNA Database [3]. http://www.arb-silva.de/fileadmin/silva_databases/living_tree/LTP_release_106/LTPs106_SSU_tree.pdf. Consultado o 29 xuño 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • MeshName - Epsilonproteobacteria [4]