Eparquía católica ucraína de París
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Public institution of intermunicipal cooperation with own taxation (en) | Metrópole do Gran París | ||||
Colectividade territorial francesa cun status especial | París | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 21.430 (1970) (0 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua ucraína | ||||
Relixión | catolicismo | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 7.910.904 km² | ||||
Creación | 1960 | ||||
Catedral | Ukrainian Catholic Cathedral (en) | ||||
Páxina web | ugcc.fr | ||||
A eparquía de San Vladimiro Magno de París, ou simplemente eparquía de París, é unha diocese da Igrexa Católica Bizantina Ucraína inmediatamente suxeita ao Arcebispo Maior de Kíiv-Galicia. En 2012 tiña arredor de 25.400 bautizados. O seu bispo actual é, dende 2012, Borys Gudziak.
Territorio
[editar | editar a fonte]A eparquía ten xurisdición sobre todos os fieis da Igrexa Católica Bizantina Ucraína en Francia, Bélxica, Luxemburgo, os Países Baixos e Suíza.
A sé episcopal é a cidade de París, onde está a catedral de San Vladimiro. O territorio está organizado en 16 parroquias.
Historia
[editar | editar a fonte]O 22 de xullo de 1960, coa bula Aeterni Pastoris, o papa Xoán XXIII erixiu o exarcado apostólico para os fieis ucraínos residentes en Francia, co nome de exarcado apostólico de Francia, inicialmente sufragáneo da arquidiocese metropolitana de París.
O 19 de xaneiro de 2013 o exarcado foi elevado ao rango de eparquía e tomou no nome actual, pola bula Qui in beati do papa Bieito XVI.
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]- Exarcas apostólicos de Francia
- Volodymyr Malanchuk (22 de xullo de 1960 - 27 de novembro de 1982, retirado)
- Mykhail Hrynchyshyn (27 de novembro de 1982 - 21 de xullo de 2012, retirado)
- Borys Gudziak (21 de xullo de 2012 - 19 de xaneiro de 2013, elevación da sé)
- Bispos de San Vladimiro Magno de París
- Borys Gudziak (19 de xaneiro de 2013 - 18 de febreiro de 2019, nomeado arcebispo de Filadelfia)
- Sé vacante, administrador apostólico Hlib Lonchyna