Enrique Peinador Vela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Enrique Peinador Vela
Enrique Peinador Vela, Pontevedra, 1847- Troncoso, Mondariz, 1917.jpg
Nacemento7 de outubro de 1847
Lugar de nacementoPontevedra
Falecemento6 de outubro de 1917
Lugar de falecementoMondariz-Balneario
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónmédico e emprendedor
FillosEnrique Peinador
IrmánsRamón Peinador
editar datos en Wikidata ]

Sabino Enrique Peinador Vela, nado en Pontevedra o 7 de outubro de 1847 e finado en Mondariz-Balneario o 6 de outubro 1917 foi un médico e empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A Enrique Peinador Vela.

En 1869 licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, establecéndose en Pontevedra e dedicándose ao estudo dos centros hidrolóxicos da provincia. En 1871 foi nomeado director do Balneario de Caldelas de Tui. En 1872 descubriu o manancial da Gándara, en Mondariz-Balneario, e ao ano seguinte comezou a explotalo. Coa axuda de seu irmán, Ramón Peinador Vela, obtivo a fonte de Troncoso, aínda que mantiveron un conflito co concello ata 1905, e comezaron a explotar as augas co nome de "Aguas de Mondariz. Establecimiento minero-medicinal de los Señores Hijos de Peinador". En 1873 as augas foron declaradas de utilidade pública. En 1879 abriu a primeira casa de baños e en 1898 inaugurou o Gran Hotel de Mondariz, que se converteu nun centro medicinal, cultural e artístico. Exerceu como xerente do balneario ata 1906, en que o relevou o seu fillo Enrique Peinador Lines.

Proxectou un tranvía entre Mondariz e Vigo para unir o balneario coa estación de ferrocarril e con Madrid, pero só funcionou no traxecto Vigo-O Porriño. Posuía unha imprenta na que se editaron numerosas publicacións. Foi vogal da Cámara de Comercio de Vigo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]