Enrique Peinador Porrúa
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 4 de abril de 1902 México |
| Morte | 27 de abril de 1940 Madrid |
| Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista |
| Familia | |
| Pai | Enrique Peinador |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Enrique Peinador (homónimos).
Enrique Peinador Porrúa, nado en México o 4 de abril de 1902 e finado en Madrid o 27 de abril de 1940, foi un avogado, xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Fillo de Enrique Peinador Lines. Avogado laboralista, fiscal, secretario da Academia de Jurisprudencia y Legislación. Foi secretario do Lar Gallego de Madrid. Colaborou en Galicia en Madrid. Militou en Izquierda Republicana. En 1935 editou o periódico ¡Amnistía! para defender aos procesados polos sucesos de outubro de 1934. Durante a guerra civil foi dirixente das Milicias Populares Galegas. Despois da guerra foi xulgado e executado o 27 de abril de 1940 no cemiterio do leste de Madrid.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Redondo Abal, Francisco Xavier (2026). Un demócrata fronte á barbarie fascista. Vida e martirio de Enrique Peinador Porrúa, republicano galeguista (1902-1940). Santiago de Compostela: Laiovento. ISBN 978-84-8487-767-7.