Efim Bogoljubov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.
Efim Bogoljubov
Bogoljubow 1925.jpg
Nacemento14 de abril de 1889
Lugar de nacementoStanislavchyk
Falecemento18 de xullo de 1952
Lugar de falecementoTriberg im Schwarzwald
NacionalidadeUcraína Ucraína
OcupaciónXogador de xadrez
editar datos en Wikidata ]
Efim Bogoljubov
(1.4.1889 – 18.6.1952)

Efim Dmitriyevich Bogoljubov (en ruso, Ефим Дмитриевич Боголюбов), tamén transliterado como Jefim Bogolyubov, nado o 14 de abril de 1889 e finado o 18 de xullo de 1952, foi un destacado mestre xadrecista ucraíno. Emigrou a Alemaña en 1926 e en 1951 outorgóuselle o título de Gran Mestre Internacional pola Federación Internacional de Xadrez.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi un dos mellores xogadores da primeira metade do século, pero a coincidencia no tempo con grandes xenios do xadrez, como Capablanca e Alexander Alekhine, non lle permitiu alcanzar as máis alta cotas. A súa estrea como xogador de elite foi no torneo de Todas as Rusias en 1913 e en Mannheim en 1914, onde quedou oitavo. Ao comezar a primeira guerra mundial atopábase en Mannheim (Alemaña), e aquí pasou a guerra confinado por ser cidadán ruso, xunto con outros xadrecistas compatriotas. Gañou cinco dos sete torneos que se organizaron durante o confinamento, e nos outros dous quedou segundo. Terminou casando cunha alemá e adoptando esta nacionalidade.

Na década de 1920 a súa carreira foi meteórica. En 1925 venceu no torneo de Moscova, onde xogaban Emanuel Lasker, José Raúl Capablanca, Frank Marshall, Carlos Torre, Savielly Tartakower, Richard Réti, Franz Grünfeld, Akiba Rubinstein e Rudolf Spielmann. Ocupou o primeiro posto nos torneos de Piestany de 1922, Carlsbad de 1923 e Bad Kissingen de 1928.

Outros torneos menos importantes foron o de Catro Mestres de Berlín en 1919, Estocolmo 1919 e 1920, Kiel 1922, catro campionatos de Rusia, de 1924 a 1925, o torneo de Breslau de 1925, Berlín 1926, Bad Homburg 1927 e Berlín 1928. Grazas a todos estes resultados puido retar a Alexander Alekhine dúas veces co título mundial en xogo. Foron encontros moi disputados. Na primeira ocasión, en 1929, perdeu 15,5 - 9,5; na segunda, en 1934, volveu ser derrotado 15,5 - 10,5. Logo destes encontros as súas actuacións en torneos foron irregulares. Alternou primeiros postos (Bad Nauheim 1935, Stuttgart 1939) con actuacións mediocres.

Tras a segunda guerra mundial deixou de relacionarse coa elite mundial. Tras a dobre derrota no campionato do mundo xa non volveu gañar torneos de importancia. Ademais, houbo de sufrir un período de illamento, por xogar durante a Segunda Guerra Mundial na Alemaña nazi.

Entre os encontros individuais máis importantes logrou vencer a Aron Nimzowitsch, Max Euwe (dúas veces), Stahlberg, Romanovsky, Rödo, Kieninger e Grob, pero perdeu, ademais de con Alexander Alekhine, Akiba Rubinstein, Rudolf Spielmann, Euwe, Eliskases e Ahues.

A apertura Bogo-India 1.d4 Cf6 2.c4 e6 3.Cf3 Bb4 foi nomeada na súa honra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]