David Janowski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDavid Janowski

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de maio de 1868 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Vawkavysk (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte15 de xaneiro de 1927 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Hyères, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Tuberculose Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadePolonia
Francia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxadrecista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua polaca Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América
Francia
Polonia
Rusia Editar o valor em Wikidata
Deportexadrez Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsChaim Janowski Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Janowski-88


David Markelowitsch Janowski, nado en Waukawysk (Polonia) o 25 de maio de 1868 e finado en Hyères (Francia) o 15 de xaneiro de 1927, foi un xogador de xadrez francés de orixe polonesa. É considerado como un dos mellores atacantes do século XX.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1894 participou por primeira vez nun torneo internacional, en Leipzig, conseguindo o noveno lugar. Con 29 anos representou a Francia na escena xadrecística mundial. Entre os seus grandes éxitos deste período figuran os primeiros postos de Monte Carlo en 1901, Hannover en 1902 (por diante de Harry Nelson Pillsbury), Viena en 1902 e Barmen en 1905. Nestes dous últimos torneos compartiu o primeiro lugar, situándose entre os primeiros doce xogadores do planeta. Afeccionado aos xogos de azar, perdeu o gañado no torneo de Monte Carlo nunha volta de ruleta.

En 1905 conseguiu un segundo lugar compartido, detrás de Geza Maroczy e obtivo o premio á brillantez pola súa partida contra Siegbert Tarrasch. En 1909, en París, xogou dous encontros contra Emanuel Lasker, campión do mundo nese entón. Logo de que Janowski conseguise un 2-2, o pintor Leo Nardus financiou un segundo partido, que o polaco perdeu por ( +1 -7 =2). Con todo, non chegou a convencerse da superioridade de Lasker e demandou outro partido desquite. Finalmente, tras reunir os 5.000 francos de rigor, o match xogouse en 1910 en Berlín, polo campionato do mundo; foi unha derrota desastrosa para Janowski, que perdeu 0-8 con tres táboas e xurou non volver disputar o título nunca máis.

En 1914, logo do comezo da primeira guerra mundial foi perseguido e encarcerado. Tras escapar a Suíza dirixiuse aos Estsdos Unidos, onde se estableceu ata 1925. De aí en adiante a súa capacidade comezou a declinar, debido en parte a problemas de saúde, pois sufría de tuberculose. O seu último torneo foi o de Nova York en 1924. Finalmente mudouse a Francia, onde morrería dous anos despois. Un grupo de camaradas fíxose cargo do seu enterro.

Personalidade e contribucións[editar | editar a fonte]

Janowski xogaba moi rapidamente e era un táctico moi agudo, sendo especialmente devastador co seu par de bispos. Nos seus últimos anos, que pasou en Manhattan, frecuentou a outros grandes xadrecistas, como José Raúl Capablanca, quen se referiu a algunhas das partidas de Janowski con grande admiración. Capablanca, con todo, reprochaba constantemente ao polaco a súa debilidade no peche de xogo, invitándolle a formarse teoricamente nos detalles pertinentes.

Estivo sempre interesado na beleza xadrecística, que privilexiaba por encima do resultado. De carácter hosco e malhumorado, con frecuencia exhibía un comportamento desagradable ao ser derrotado.

Janowski tivo resultados excelentes contra mestres precedentes como Wilhelm Steinitz (+5 -2), Mikhail Chigorin (+17 -4 =4) e Joseph Henry Blackburne (+6 -2 =2). Con todo, as súas puntuacións fronte a mestres máis novos son negativas: Siegbert Tarrasch (+5 -9 =3), Frank Marshall (+28 -34 =18), Akiba Rubinstein (+3 -5), Geza Maroczy (+5 -10 =5) e Carl Schlechter (+13 -20 =13). O seu rexistro contra Emmanuel Lasker foi (+4 -25 =7) e contra José Capablanca (+1 -9 =1). Contra Alexander Alekhine o contraste é moito menor: (+2 -3 =2).

Nunca escribiu libro algún sobre a materia, aínda que tivo unha destacada colaboración en revistas especializadas e seccións de diarios como Le Monde Ilustrei. A súa mellor marca ELO foi de 2757 puntos. A defensa india de Janowsky é chamada así na súa honra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Daniel Ackermann: Vabanque. Dawid Janowsky (1886-1927). Schachverlag Reinhold Dreier. Ludwigshafen. 2005. ISBN 3-929376-65-2 (en alemán)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]