Adolf Anderssen
Adolf Anderssen | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 6 de xullo de 1818 |
Lugar de nacemento | Wrocław |
Falecemento | 13 de marzo de 1879 |
Lugar de falecemento | Wrocław |
Causa | infarto agudo de miocardio |
Soterrado | Osobowice Cemetery |
Nacionalidade | Reino de Prusia e Imperio Alemán |
Alma máter | Universidade de Wrocław |
Ocupación | xadrecista, escritor de non ficción e problemista |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Karl Ernst Adolf Anderssen, nado en Wrocław o 6 de xullo de 1818 e finado na mesma vila o 13 de marzo de 1879, foi un xadrecista alemán.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Anderssen viviu na súa cidade natal a maior parte da súa vida. Graduouse no instituto público de Breslau para posteriormente asistir á Universidade, onde estudou matemáticas e filosofía. Despois de se licenciar traballou como profesor de matemáticas. A relación de Anderssen co xadrez comezou aos nove anos, cando o seu pai lle aprendeu a xogar. Non foi un neno prodixio, a primeira vez que saíu á luz pública foi en 1842, cando publicou algúns problemas de xadrez, e sobre todo coas súas colaboracións na revista Schachzeitung (despois chamada Deutsche Schachzeitung).
Londres 1851[editar | editar a fonte]
En 1848 xogou unha partida co xogador profesional Daniel Harrwitz. Por mor disto foi convidado para ser o abandeirado do equipo de xadrez de Alemaña no primeiro trofeo mundial de xadrez que se ía celebrar en Londres. No torneo venceu a Lionel Kieseritzky, József Szén, Staunton e Marmaduke Wyvill, gañando o torneo.
Andersson gañou fama por dúas das súas partidas, nas que venceu pola combinación de notables sacrificios de pezas. Na primeira, xogada contra Lionel Kieseritzky e chamada Xogo inmortal, sacrificou un alfil, dúas torres e finalmente a raíña. Na segunda partida, xogada en Berlín en 1852 contra Jean Drusfesne, o sacrificio de pezas foi máis modesto, e denominouse Xogo Sempreverde.
Nos anos seguintes, moitos considerárono o xogador máis importante do mundo. En 1858 derrotouno o norteamericano Paul Morphy en París.
Londres 1862[editar | editar a fonte]
En 1862 regresou e gañou o primeira liga todos contra todos en Londres, gañou doce partidas e só perdeu fronte a John Owen. En 1866 xogou e perdeu con Wilhelm Steinitz. A partida introduciu algunhas ideas novas na estratexia do xadrez.
Baden-Baden 1870[editar | editar a fonte]
Case ao final da súa vida chegoulle o logro máis importante, ao vencer, en Baden-Baden en 1870, o torneo máis intenso xogado na época. El rematou de primeiro, diante de Steinitz, Neumann e Blacburne. En Leipzig 1877 quedou en segundo lugar, foi a súa última grande vitoria.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adolf Anderssen |