Hospital Universitario de Tampere

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hospital Universitario de Tampere.

O Hospital Universitario de Tampere (en finés Tampereen yliopistollinen sairaala), tamén coñecido polas súas siglas TAYS,[1] é un hospital situado no barrio de Kauppi, na cidade de Tampere, Finlandia. Pertence ao distrito hospitalario de Pirkanmaa. O hospital ten cinco oficinas: Tays Keskussairaala e Tays Hatanpää en Tampere, Tays Valkeakoski, Tays Sastamala e Tays Pitkäniemi en Nokia.[2]

O edificio principal do hospital central foi deseñado polos arquitectos Erkki Helamaa e Veijo Martikainen e as súas obras finalizaron en 1962[3] e dende aquela experimentou varias ampliacións.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Lyhenneluettelo: T" (en finés). Kotimaisten kielten keskus. Consultado o 29 de marzo de 2021. 
  2. "Pirkanmaa Hospital District" (en inglés). tays.fi. Consultado o 30 de marzo de 2021. 
  3. Manninen, Jukka. "Keskussairaalan tuttu päärakennus saatetaan purkaa remontissa, päätös tehtäneen tämän vuoden aikana". Aamulehti (Moro) (en finés). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]