Emblema de Afganistán
| Emblema de Afganistán | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
O emblema de Afganistán é un dos símbolos oficiais do país. No presente o emblema oficial é un tema en disputa entre o goberno de facto do Emirato Islámico de Afganistán e o goberno de jure da República Islámica de Afganistán.
Na versión de 2013 da República Islámica aparece representada unha mesquita (con dúas bandeiras) co minbar (púlpito ó que se accede por unha escaleira) co seu mihrab (sempre orientado cara a Meca) sobre a que se sitúa o takbir (الله أكبر, «Alá é grande», escrito sempre en árabe), un pequeno sol nacente e a shahada (tamén escrita sempre en árabe). Debaixo aparece o ano 1298 do calendario persa (usado en Afganistán, equivalente a 1919 no calendario gregoriano, data na que se proclamou a independencia) e a palabra افغانستان («Afganistán») nunha cinta que entrelaza a coroa de espigas de trigo.
Nas numerosas bandeiras usadas por este país sempre apareceu o emblema (agás baixo os talibáns).
Emblemas históricos
[editar | editar a fonte]- Emirato de Afagnistán, 1901-1919
- Emirato de Afganistán, 1919-1926
- Reino de Afganistán, 1926-1928
- Reino de Afganistán, 1928-1929
- Emirato de Afagnistán, 1929
- Reino de Afganistán, 1931-1973
- República de Afganistán, 1973–1974
- Estado Islámico de Afganistán, (1992–2002, recoñecido polas Nacións Unidas)
- Estado Islámico de Transición de Afganistán, 2002–2004
- República Islámica de Afganistán, 2004–2013