Minbar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Minbar da mesquita de Nasir Mohammed no Cairo

O minbar é o púlpito da mesquita, desde onde o imán pronuncia o sermón do venres (khutbah). Usualmente sitúase á dereita do mihrab, ten forma dunha pequena torre cun teito puntiagudo e escaleiras para subir, presentándose ricamente decorado.

Nas mesquitas otomás presenta a forma dunha plataforma sen cúpula.