Mihrab

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mihrab da mesquita de Isfahan, Irán.

Mihrab (en árabe, محراب) é un nicho no muro dunha mesquita que ten como función indicar a quibla, a dirección cara á Meca cara onde deben rezar os musulmáns. Alí é onde se coloca a persoa que dirixe as oracións -muecín- e que grazas á existencia dese nicho difúndese facilmente por toda a mesquita. Normalmente o mihrab é o punto máis ricamente decorado da mesquita.

Nas mesquitas de Al-Andalus o mihrab adoitaba estar orientado non cara o leste, coma no resto do mundo islámico, senón cara ó sur ou sueste. Un exemplo sería a mesquita de Córdoba.