Electrostática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A electrostática é a rama da Física que estuda os fenómenos eléctricos producidos por distribucións de cargas estáticas. A electrostática estuda as forzas eléctricas producidas polas cargas a través de conceptos tales como o campo electrostático e o potencial eléctrico e de leis físicas como a lei de Coulomb. Historicamente, a electrostática foi a rama do electromagnetismo que desenvolveuse primeiro. Con posterioridade, as leis de Maxwell permitiron amosar como as leis da electrostática e as leis que gobernan os fenómenos magnéticos poden ser estudados no mesmo marco teórico denominado electromagnetismo.

Desenvolvemento histórico[editar | editar a fonte]

Ao redor do 600 a.C. o filósofo grego Tales de Mileto describiu por primeira vez fenómenos electrostáticos producidos ao frotar fragmentos de ámbar e comprobar a súa capacidade de atracción sobre pequenos obxectos. Algo máis tarde, outro grego, Teofrasto (310 a.C.), realizou un estudo dos diferentes materiais que eran capaces de producir fenómenos eléctricos escribindo o primeiro tratado sobre a electricidade. A comezos do século XVII comezan os primeiros estudos sobre a electricidade e o magnetismo orientados a mellorar a precisión da navegación con compases magnéticos. O físico británico William Gilbert utiliza por primeira vez a palabra electricidade (do grego elektron, que significa ámbar). Ao redor de 1672 o físico alemán Otto von Guericke constrúe a primeira máquina electrostática capaz de producir e almacenar enerxía eléctrica estática por rozamiento. En 1673 o francés Francois de Cisternay du Fay propuxo a existencia de dous tipos de carga eléctrica, positiva e negativa, unha proposta atribuída tamén a Benxamín Franklin. En 1745 desenvolvéronse os primeiros elementos de acumulación de cargas, condensadores, na Universidade de Leyden por E. G. Von Kleist e Pieter Van Musschenbroeck. Estes instrumentos, denominados botella de Leyden foron utilizados como curiosidade científica durante gran parte do século XVIII. Nesta época construíronse diferentes instrumentos para xerar cargas eléctricas, en xeral variantes da botella de Leyden, e para medir as súas propiedades como os electroscopios.

En 1785 o físico francés Charles Coulomb publicou un tratado no que se describían por primeira vez cuantitativamente as forzas eléctricas formulando as leis de atracción e repulsión de cargas eléctricas estáticas. No seu honor estas leis coñécense co nome de lei de Coulomb. Esta lei xunto coa súa elaboración matemática máis sofisticada a través do teorema de Gauss e a derivación dos conceptos de campo eléctrico e potencial eléctrico describen a práctica totalidade dos fenómenos electrostáticos.

Durante todo o século posterior sucedéronse avances significativos no estudo da electricidade, como os fenómenos eléctricos producidos por cargas en movemento no interior dun material condutor. Finalmente en 1864 o físico escocés James Clerk Maxwell unificou as leis da electricidade e o magnetismo nun conxunto reducido de leis matemáticas.

Fenómenos electrostáticos[editar | editar a fonte]