William Gilbert
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 24 de maio de 1544 Colchester |
| Morte | 30 de novembro de 1603 Londres |
| Causa da morte | Peste Negra |
| President of the Royal College of Physicians (en) | |
| 1600 – | |
| Datos persoais | |
| Educación | St John's College |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Físico, médico, física, astronomía, magnetismo, electricidade e medicina |
| Lugar de traballo | Inglaterra |
| Ocupación | filósofo, físico, astrónomo, enxeñeiro, médico, naturalista |
| Familia | |
| Pais | Jerome Gilberd |
| Irmáns | William Gilbert |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Гильберт Уильям) |
William Gilbert, nado en Colchester en 1544 e finado en Londres en 1603, foi un físico e médico inglés. Trátase dun dos pioneiros no estudo experimental dos fenómenos magnéticos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou medicina na Universidade de Cambridge e en 1603 foi nomeado membro do Real Colexio de Médicos. De 1601 a 1603 serviu como médico da raíña Isabel I e do rei Xacobe I. En 1600 publicou "Sobre o imán", "Corpos magnéticos", e "O grande imán da Terra", onde se observan as súas investigacións sobre corpos magnéticos e atraccións eléctricas; nel conclúese que a agulla do compás apunta ó norte-sur e xira cara a abaixo debido a que o planeta Terra actúa como un xigantesco imán. Foi o primeiro en introducir os termos atracción eléctrica, forza eléctrica e polo magnético.