As eleccións ao Parlamento de Cataluña de 1984 celebráronse o 29 de abril de 1984, as segundas eleccións ao Parlamento de Cataluña trala instauración da democracia en España, e o restabelecemento da Generalitat de Cataluña en 1977. Foron convocadas a votar 4.501.851 persoas maiores de 18 anos e con dereito a voto en Cataluña. As eleccións serviron para escoller os 135 parlamentarios da segunda lexislatura democrática. Acudiron a votar 2.892.987 persoas, o que deu unha participación do 64,26 por cento, tres puntos por enriba da participación de catro anos antes. A data das eleccións anticipouse vinte días, xa que estaba previsto que se celebrasen o sábado 19 de maio de 1984.
O partido máis votado foi, de novo, Convergència i Unió que, con 1.346.729 votos (un 46,56 por cento), obtivo 72 escanos, 29 máis que nas anteriores eleccións, e 31 máis que a segunda forza política, o Partido dos Socialistas de Cataluña. CiU venceu desta volta, polo tanto, por maioría absoluta.