Eleccións xerais de Suráfrica de 2009

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
‹ 2004 • Suráfrica • 2014
Eleccións xerais de 2009
400 escanos da Asemblea Nacional
201 escanos necesarios para a maioría
Mércores, 22 de abril de 2009
Tipo Lexislativa
Período 2009-2014

Demografía electoral
Poboación 50.992.034
Electores 23.181.997
Votantes 17.919.966
Participación
  
77.30% Green Arrow Up.svg 0.8%
Votos válidos 17.680.729
Votos nulos 239.237

Resultados
Jacob Zuma, 2009 World Economic Forum on Africa-4.jpg
ANC - Jacob Zuma
Votos 11.650.748 Green Arrow Up.svg 7.1%
Escanos obtidos 264 Red Arrow Down.svg 5.4%
  
65.90%
Helen Zille - one.jpg
DA - Helen Zille
Votos 2.945.829 Green Arrow Up.svg 52.5%
Escanos obtidos 67 Green Arrow Up.svg 42.6%
  
16.66%
Mosiuoa Lekota, 000215-D-9880W-112 detail.jpg
COPE - Mosiuoa Lekota
Votos 1.311.027  
Escanos obtidos 30  
  
7.42%
Mangosuthu Buthelezi (1983).jpg
IFP - Mangosuthu Buthelezi
Votos 804.260 Red Arrow Down.svg 26.1%
Escanos obtidos 16 Red Arrow Down.svg 52.9%
  
4.55%
HSSamarbete.svg
Outros partidos
Votos 968.865  
Escanos obtidos 23  
  
5.47%

Resultado por circunscrición
Eleccións xerais de Suráfrica de 2009

Composición do Consello Nacional das Provincias despois da elección
Eleccións xerais de Suráfrica de 2009

Composición da Asemblea Nacional despois da elección
Eleccións xerais de Suráfrica de 2009
     ANC      DA      COPE      IPF      ID      UDM      FF+
     ACDP      UCDP      CP      MF      APO      APC

Coat of arms of South Africa (heraldic).svg
Presidente da República de Suráfrica

As eleccións xerais de Suráfrica de 2009 realizáronse o mércores 22 de abril de dito ano para escoller os membros de ambas cámaras do vixésimo quinto Parlamento de Suráfrica, en concordancia coas eleccións provinciais. Renováronse os 400 escanos da cámara baixa, a Asemblea Nacional e os 430 membros das nove lexislaturas provinciais, que á súa vez designarían os 90 escanos do Consello Nacional das Provincias, a cámara alta. Tras a renuncia de Thabo Mbeki en setembro de 2008, Kgalema Motlanthe, do Congreso Nacional Africano (ANC), ocupou o cargo de Presidente de Suráfrica. Mais Kgalema Motlanthe non se presentou á reelección para un mandato completo e o candidato oficialista foi Jacob Zuma, presidente do partido desde decembro de 2007. Foron os cuartos comicios desde a instauración do sufraxio universal, é dicir, as cuartas eleccións desde a fin do apartheid.

Nestas eleccións o ANC obtivo outra previsible e esmagadora vitoria, cunha proporción de voto lixeiramente superior a 2004, pero unha porcentaxe inferior, do 65.90%, con respecto ao 69.69% das eleccións anteriores. Ademais, perdeu a maioría cualificada dos dous terzos coa que contaba antes, con 264 asentos, e quedouse a tres escanos de renovala. O segundo partido máis votado e a oposición oficial, Alianza Democrática (DA), obtivo o 16.66% dos votos, e 67 escanos. En terceiro lugar, unha nova formación, escindida do ANC, o Congreso do Pobo (COPE), liderada por Mosiuoa Lekota, obtivo o 7.42% e 30 escanos no seu primeiro desafío electoral. Polo contrario, o Partido da Liberdade Inkatha (IFP) experimentou unha devastadora caída, logo de ter ostentado durante década e media o terceiro lugar en todas as eleccións celebradas até entón, pois foi desprazado ao cuarto posto con menos dun millón de votos e só un 4.55% do escrutinio e 18 escanos. Con este resultado, Zuma foi investido como Presidente de Suráfrica pola Asemblea Nacional o 6 de maio con 277 deputados votando por el e 47 por Mvume Dandala, de COPE, mentres que gran parte dos partidos opositores, incluíndo DA, decidiron absterse.

No plano provincial, Alianza Democrática tomou o control da lexislatura de Cabo Occidental, coa súa líder Helen Zille, sendo elixida premier da provincia. Foi a primeira vez despois de sete anos que o ANC perdía unha elección en calquera das provincias. O oficialismo mantivo, con todo, o control sobre o resto das lexislaturas provinciais.

O Tribunal Superior de Gauteng do Norte ditaminou o 9 de febreiro de 2009 que os cidadáns surafricanos que viven no estranxeiro deberían poder votar nas eleccións.[1] A sentenza foi confirmada polo Tribunal Constitucional o 12 de marzo de 2009, cando decidiu que os votantes estranxeiros que xa estaban rexistrados poderían votar.[2] Ademais, aos votantes rexistrados que se encontraron fóra dos seus distritos de votación o día das eleccións permitíuselles votar a favor da votación nacional en calquera mesa de votación en Suráfrica. Nas seguintes eleccións, finalmente incorporaríase o voto postal.

Principais partidos políticos[editar | editar a fonte]

Oficialismo: ANC[editar | editar a fonte]

O Congreso Nacional Africano (ANC), fundado en 1912, accedeu ao poder como consecuencia da fin do réxime do apartheid. Desde a súa contundente vitoria nas primeiras eleccións libres do país, en 1994, o ANC gozou dunha ampla maioría absoluta no Parlamento. No 2004 a súa dominación acadou o seu máximo apoxeo cando obtivo máis dos dous terzos dos escanos, que autorizaba ao partido a modificar a constitución unilateralmente. O presidente Thabo Mbeki, reelixido nestes comicios, entregou a dirección do partido a Jacob Zuma o 18 de decembro de 2007.[3] Despois, en 2008 o xuízo de corrupción en curso de Zuma en relación cun acordo multimillonario de armas Rand foi desestimado polos tribunais, que insinuaron que Mbeki influíra indebidamente na investigación de Zuma. Á luz dos feitos achados polo tribunal, o Comité Executivo Nacional do ANC solicitoulle a Mbeki que renunciara como presidente do país, o que fixo efectivamente o 20 de setembro de 2008, converténdose no primeiro presidente da era posterior do apartheid en non rematar o seu mandato constitucional, e o primeiro mandatario surafricano en renunciar desde 1989.[4]

Mbeki foi substituído por Kgalema Motlanthe, que fora elixido como vicepresidente do ANC na conferencia de 2007. Motlanthe non era o candidato presidencial do ANC para as eleccións xerais de 2009, senón o presidente do ANC, Jacob Zuma.[5] A lista electoral do ANC foi encabezada por Zuma, seguido por Motlanthe; o vicepresidente de Suráfrica Baleka Mbete; o Ministro de Finanzas Trevor Manuel; e Winnie Mandela, exesposa de Nelson Mandela.[6] O retiro de Mbeki, entre outras cousas, creou tensións severas e divisións dentro do partido, e eventualmente conduciu á formación do Congreso do Pobo (COPE), un novo partido político formado por antigos membros do ANC. Con todo, as enquisas daban ao ANC un indiscutido primeiro lugar, con entre o 60 e o 70% dos votos, e incluso na súa estimación máis baixa, que era do 47%, seguía sendo o partido máis votado.[7]

Oposición oficial: DA[editar | editar a fonte]

En maio de 2007, a exalcaldesa de Cidade do Cabo Helen Zille derrotou a Tony Leon nas eleccións internas do partido, converténdose na súa nova presidenta. Dada a situación de Suráfrica como un goberno de partido dominante, a DA manifestou un enfoque desproporcionado na provincia de Cabo Occidental desde o comezo da súa campaña, pois o partido identificara a provincia como "ganable". O 14 de febreiro de 2009 lanzou o seu manifesto, baixo o lema de campaña "Vote to Win" (en galego: Vota para ganar).[8] Varios analistas suxeriron que DA tomaría exitosamente o control de Cabo Occidental.[9] Mentres que as enquisas mostraban a diminución de apoio do ANC tras a escisión de COPE, a DA gañou algunhas eleccións parciais celebradas poico antes dos comicios.[10] Non obstante esperábase que DA obtivera maioría simple, e non a maioría absoluta que acabou conseguindo. O partido anunciou que a súa proxección sería ganar en Cabo Occidental, obter municipios importantes nas eleccións locais de 2011, e deste xeito asegurar o partido a nivel nacional.[11]

As relaciones entre DA e o partido separado do ANC, COPE, comezaron sendo amigables. O seu líder, Mosiuoa Lekota, manifestou a súa vontade de cooperar con Zille no futuro.[12][13] Mais posteriormente, Zille criticou a estrutura interna de COPE, afirmando que moitos dos seus novos membros eran partidarios de Mbeki que buscaban resucitar as súas carreiras políticas defuntas.[14]

Nas últimas etapas previas á elección, DA lanzou unha nova campaña "Stop Zuma", a cal foi obxecto de numerosas críticas por parte de analistas políticos, que a describiron como unha "campaña negativa". Zille replicou ante estas críticas que "negativo é entregarlle a Zuma e a s súa cerrada rede de amigos o dereito a cambiar unilateralmente a constitución", xa que segundo ela abusarían dese dereito tanto para enriquecerse como para protexerse a si mesmos de calquera repercusión legal. Máis tarde declarou que o crecemento de votos do seu partido e a perda de escanos do ANC debeuse en grande medida á campaña "Stop Zuma".[15]

Campaña[editar | editar a fonte]

A campaña da oposición centrouse case enteiramente en combater a crecente corrupción política.[16] O ANC recibiu fortes críticas por cargos de corrupción contra Zuma, quen fora acusado de aceptar subornos dunha compañía de armas francesa. Os fiscais estatais retiraron os cargos en abril, dúas semanas antes das eleccións. Tanto DA como COPE declararon que lograrían restablecer as causas xudiciais contra Zuma se algún dos dous gañaba as eleccións.[16] DA comprometeuse a executar un goberno "limpo". Acusou a Zuma de ter "intimidado" os fiscais do Estado para que retiraran os cargos de corrupción e presentou unha demanda legal contra a decisión. Prometeu crear máis empregos, proporcionar unha mellor educación e enfrontar o crime organizado.[16] Lekota, o líder de COPE, afirmou que o ANC traizoara o "soño dos líderes da loita contra o apartheid". O COPE prometeu loitar contra o crime mediante a introdución dunha política de "tres strikes", segundo a cal os delincuentes profesionais serían encarcerados a perpetuidade por delitos reiterados de violación, roubo ou asasinato. Aínda que se informou que COPE tivo problemas para levar a cabo unha campaña electoral efectiva, a súa aparición foi vista desde o momento da súa creación como un cambio no panorama político do país.[16]

A presidenta de DA, Helen Zille exhortou aos votantes a pór fin ao dominio hexemónico do ANC sobre a política surafricana, afirmando que, se non existía un contrapeso coherente para o oficialismo, Suráfrica corría o risco de converterse nun "estado falido e unipartidista".[17] Zille estableceu varias comparacións entre o ANC e ZANU-PF, partido gobernante en Cimbabue desde 1980, declarando que o partido gobernamental, baixo o liderado de Zuma, estaba sendo sometido a unha "zanuficación".[17] O candidato presidencial de COPE, Mvume Dandala, reafirmou esta teoría, declarando que os líderes africanos que permaneceron moito tempo no seu cargo "convertéranse virtualmente en ditadores".[17] O IFP afirmou que apoiaría calquera medida para loitar contra a corrupción.[16]

O ANC fixo campaña citando o desenvolvemento económico durante o seu longo mandato e o apoio aos pobres en forma de vivenda, auga e electricidade. Zuma prometeu mellorar a educación a fin de reducir a alta taxa de analfabetismo.[16] O partido publicou un anuncio de televisión por primeira vez, mostrando a imaxe do seu antigo líder, o expresidente Nelson Mandela, sendo liberado da prisión en 1989. Mandela fixo unha aparición excepcional nunha concentración de ANC e restaurou en grande medida o apoio popular ao partido.[16] Durante dita concentración, Mandela rexeitou a teoría da "zanuficación" do seu partido,[17] e declarou: "non hai nada na constitución que diga que unha maioría masiva para o partido gobernante é mala para a democracia, especialmente un partido que ten un historial tan longo de defensa das garantías constitucionais como o ANC!".[17]

Boicot electoral[editar | editar a fonte]

Varias comunidades, organizacións, movementos sociais e personalidades coñecidas ameazaron con non votar nas eleccións de 2009.[18] A personalidade máis coñecida foi o Arcebispo Desmond Tutu, quen ao principio dixo que non votaría, pero logo cambiou de opinión.[19] A Alianza de Pobres de Suráfrica, o Foro Anti Privatización, NOPE e o sindicato de traballadores agrícolas independentes Sikhula Sonke resolveron boicotear as elecciones baixo o lema "Non hai terra! Non hai casa! Non hai voto!".[20]

Resultados[editar | editar a fonte]

O ANC obtivo a súa cuarta maioría absoluta consecutiva co 65.90% dos votos. DA conservou a súa posición como a oposición oficial e ademais obtivo a vitoria en Cabo Occidental con máis do 50% dos votos e con Zille sendo elixida premier da provincia por maioría absoluta. Aínda que a participación foi do 77.30% dos votantes rexistrados, un lixeiro crecemento con respecto a 2004, a campaña pedindo o boicot tivo un éxito parcial, pois houbo doce millóns de surafricanos con dereito a voto que ou non se rexistraron para votar (7 millóns) ou se rexistraron pero non votaron (5.4 millóns).[21][22]

A Comisión Electoral Independente fixo dispoñibles os resultados que se recibiron dos distritos electorais, filtrados polo distrito nacional, provincial, municipal e de votación, no seu sitio web.[23]

Parlamento[editar | editar a fonte]

Asemblea Nacional[editar | editar a fonte]

Partido Votos % +/- Escanos +/-
Congreso Nacional Africano (ANC) 11.650.748
 65,90 %
Decrecente3.80
264 / 400
Decrecente15
Alianza Democrática (DA) 2.945.829
 16,66 %
Crecente (crecemento)4.29
67 / 400
Crecente (crecemento)17
Congreso do Pobo (COPE) 1.311.027
 7,42 %
Novo
30 / 400
Novo
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) 804.260
 4,55 %
Decrecente2.42
18 / 400
Decrecente10
Demócratas Independentes (ID) 162.915
 0,92 %
Decrecente0.81
4 / 400
Decrecente3
Movemento Democrático Unido (UDM) 149.680
 0,85 %
Decrecente1.43
4 / 400
Decrecente5
Fronte da Liberdade (FF+) 146.796
 0,83 %
Decrecente0.06
4 / 400
Straight Line Steady.svg
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) 142.658
 0,81 %
Decrecente0.80
3 / 400
Decrecente4
Partido Demócrata Cristián Unido (UCDP) 66.086
 0,37 %
Decrecente0.38
2 / 400
Decrecente1
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) 48.530
 0,27 %
Decrecente0.45
1 / 400
Decrecente2
Fronte Minoritaria (MF) 43.474
 0,25 %
Decrecente0.11
1 / 400
Decrecente1
Organización do Pobo de Azania (APO) 38.245
 0,22 %
Decrecente0.03
1 / 400
Straight Line Steady.svg
Convención do Pobo Africano (APC) 35.867
 0,20 %
Novo
1 / 400
Decrecente1
Partido do Movemento Democrático (MDP) 29.747
 0,17 %
Novo
0 / 400
Novo
Al Jama-ah (AJ) 25.947
 0,15 %
Novo
0 / 400
Novo
Alianza Demócrata Cristiá (CDA) 11.638
 0,07 %
Decrecente0.13
0 / 400
Straight Line Steady.svg
Convención Nacional Demócrata (NADECO) 10.830
 0,06 %
Novo
0 / 400
Novo
Partido da Nova Visión (NVP) 9.296
 0,05 %
Novo
0 / 400
Novo
Fronte Independente Unida (UIF) 8.872
 0,05 %
Novo
0 / 400
Novo
Gran Kongreso de Suráfrica (GKSA) 8.271
 0,05 %
Novo
0 / 400
Novo
Congreso Democrático Surafricano (SDC) 6.035
 0,03 %
Novo
0 / 400
Novo
Partido Manteno Recto e Simple (KISS) 5.440
 0,03 %
Decrecente0.01
0 / 400
Straight Line Steady.svg
Movemento Panafricanista (PM) 3.815
 0,03 %
Decrecente0.03
0 / 400
Straight Line Steady.svg
Alianza de Demócratas Libres (AFD) 5.178
 0,03 %
Novo
0 / 400
Novo
Mulleres Adiante (WF) 5.087
 0,03 %
Novo
0 / 400
Novo
Partido Nacional de Suráfrica (NPSA) 3.378
 0,02 %
Novo
0 / 400
Novo
Un Partido (AP) 2.847
 0,02 %
Novo
0 / 400
Novo
Votos válidos 17.680.729
 98,66 %
Votos en branco/nulos 239.237
 1,34 %
Votos en total 17.919.966
 100,00 %
Votantes rexistrados/participación 23.181.997
 77,30 %

Consello Nacional das Provincias[editar | editar a fonte]

O Consello Nacional das Provincias (NCOP) consta de 90 membros, dez nomeados por cada lexislatura provincial, en proporción á membresía do partido da lexislatura provincial. Cada delegación provincial consta de seis delegados permanentes, que son nomeados por un período que dura até que se elixe unha nova lexislatura provincial, e catro delegados especiais. Un dos delegados especiais é o premier da provincia ou outro membro da lexislatura provincial designada polo premier, mentres que os outros tres delegados especiais son designados ad hoc pola lexislatura provincial.

Partidos Provincia Total
Cabo Oriental Estado Libre Gauteng KwaZulu-Natal Limpopo Mpumalanga Noroeste Cabo do Norte Cabo Occidental
Congreso Nacional Africano (ANC)
4 / 6
4 / 6
4 / 6
4 / 6
5 / 6
5 / 6
4 / 6
3 / 6
2 / 6
35 / 54
62 / 90
3 / 4
3 / 4
3 / 4
3 / 4
4 / 4
4 / 4
3 / 4
3 / 4
1 / 4
27 / 36
Alianza Democrática (DA)
1 / 6
1 / 6
1 / 6
1 / 6
1 / 6
1 / 6
1 / 6
1 / 6
3 / 6
10 / 54
13 / 90
0 / 4
0 / 4
1 / 4
0 / 4
0 / 4
0 / 4
0 / 4
0 / 4
2 / 4
3 / 36
Congreso do Pobo (COPE)
1 / 6
1 / 6
1 / 6
0 / 6
1 / 6
0 / 6
1 / 6
1 / 6
1 / 6
7 / 54
8 / 90
0 / 4
0 / 4
0 / 4
0 / 4
0 / 4
0 / 4
0 / 4
1 / 4
0 / 4
1 / 36
Demócratas Independentes (ID)
0 / 6
0 / 6
0 / 6
0 / 6
0 / 6
0 / 6
0 / 6
1 / 6
0 / 6
1 / 54
2 / 90
0 / 4
0 / 4
0 / 4
0 / 4
0 / 4
0 / 4
0 / 4
0 / 4
1 / 4
1 / 36
Partido da Liberdade Ikantha (IFP)
0 / 6
0 / 6
0 / 6
1 / 6
0 / 6
0 / 6
0 / 6
0 / 6
0 / 6
1 / 54
2 / 90
0 / 4
0 / 4
0 / 4
1 / 4
0 / 4
0 / 4
0 / 4
0 / 4
0 / 4
1 / 36
Fronte da Liberdade (FF+)
0 / 4
1 / 4
0 / 4
0 / 4
0 / 4
0 / 4
0 / 4
0 / 4
0 / 4
1 / 36
1 / 90
Partido Demócrata Cristián Unido (UCDP)
0 / 4
0 / 4
0 / 4
0 / 4
0 / 4
0 / 4
1 / 4
0 / 4
0 / 4
1 / 36
1 / 90
Movemento Democrático Unido (UDM)
1 / 6
0 / 6
0 / 6
0 / 6
0 / 6
0 / 6
0 / 6
0 / 6
0 / 6
1 / 54
1 / 90

Lexislaturas provinciais[editar | editar a fonte]

Provincia Resultado
Cabo Oriental Partido Votos % +/− Escanos +/− Mapas/Diagramas
Congreso Nacional Africano (ANC) 1.552.676
 68,82 %
Decrecente10.45
44 / 63
Decrecente7
Eastern Cape provincial election 2009 winner by VD.svg
Congreso do Pobo (COPE) 308.439
 13,67 %
Novo
9 / 63
Novo
Alianza Democrática (DA) 225.310
 9,99 %
Crecente (crecemento)2.65
6 / 63
Crecente (crecemento)1
Movemento Democrático Unido (UDM) 93.196
 4,13 %
Decrecente5.10
3 / 63
Decrecente3
Congreso Independente Africano (AIC) 17.306
 0,77 %
Novo
1 / 63
Novo
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) 12.108
 0,54 %
Decrecente0.46
0 / 63
Decrecente1
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) 11.974
 0,53 %
Decrecente0.25
0 / 63
Straight Line Steady.svg
Demócratas Independentes (ID) 10.466
 0,46 %
Decrecente0.31
0 / 63
Straight Line Steady.svg
Organización do Pobo de Azania (APO) 4.598
 0,21 %
Decrecente0.03
0 / 63
Straight Line Steady.svg Partido máis votado por barrio:
     ANC
     DA
     UDM
     COPE
     ID
     Empate entre dous ou máis partidos
Convención do Pobo Africano (APC) 4.517
 0,20 %
Novo
0 / 63
Novo
Fronte da Liberdade (FF+) 4.428
 0,20 %
Decrecente0.06
0 / 63
Straight Line Steady.svg
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) 2.270
 0,10 %
Decrecente0.10
0 / 63
Straight Line Steady.svg
Convención Nacional Demócrata (NADECO) 2.027
 0,09 %
Novo
0 / 63
Novo
Movemento Panafricanista (PM) 1.921
 0,09 %
Novo
0 / 63
Novo
Eastern Cape Legislature, 2009 general election.svg
Partido Demócrata Cristián Unido (UCDP) 1.908
 0,08 %
Decrecente0.04
0 / 63
Straight Line Steady.svg
Alianza Demócrata Cristiá (CDA) 1.663
 0,07 %
Crecente (crecemento)0.07
0 / 63
Straight Line Steady.svg
Partido da Nova Visión (NVP) 1.281
 0,06 %
Novo
0 / 63
Novo
Votos válidos 2.256.088
 98,59 %
Votos en branco/anulados 32.299
 1,41 %
Votos en total 2.288.387
 100,00 %
Votantes rexistrados/participación 3.056.559
 74,87 %
Estado Libre Partido Votos % +/− Escanos +/− Mapas/Diagramas
Congreso Nacional Africano (ANC) 734.688
 71,10 %
Decrecente10.68
22 / 30
Decrecente3
Free State provincial election 2009 winner by VD.svg
Congreso do Pobo (COPE) 120.018
 11,61 %
Novo
4 / 30
Novo
Alianza Democrática (DA) 119.844
 11,60 %
Crecente (crecemento)3.12
3 / 30
Straight Line Steady.svg
Fronte da Liberdade (FF+) 20.780
 2,01 %
Decrecente0.45
1 / 30
Straight Line Steady.svg
Partido Dikwankwetla de Suráfrica (DPSA) 11.257
 1,09 %
Crecente (crecemento)0.12
0 / 30
Straight Line Steady.svg
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) 7.556
 0,73 %
Decrecente0.57
0 / 30
Decrecente1
Movemento Democrático Unido (UDM) 3.722
 0,36 %
Decrecente0.52
0 / 30
Straight Line Steady.svg
Partido Demócrata Cristián Unido (UCDP) 3.459
 0,33 %
Decrecente0.44
0 / 30
Straight Line Steady.svg
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) 3.449
 0,33 %
Decrecente0.85
0 / 30
Straight Line Steady.svg
Convención do Pobo Africano (APC) 3.200
 0,31 %
Novo
0 / 30
Novo
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) 2.232
 0,22 %
Decrecente0.14
0 / 30
Straight Line Steady.svg Partido máis votado por barrio:
     ANC      DA      COPE      FF+
Demócratas Independentes (ID) 1.654
 0,16 %
Decrecente0.36
0 / 30
Straight Line Steady.svg
Convención Nacional Demócrata (NADECO) 1.065
 0,10 %
Novo
0 / 30
Novo
Free State Provincial Legislature, 2009 general election.svg
Congreso de Paz e Xustiza (PJC) 398
 0,04 %
Novo
0 / 30
Novo
Votos válidos 1.033.322
 98,50 %
Votos en branco/anulados 15.744
 1,50 %
Votos en total 1.049.066
 100,00 %
Votantes rexistrados/participación 1.388.588
 75,55 %
Gauteng Partido Votos % +/− Escanos +/− Mapas/Diagramas
Congreso Nacional Africano (ANC) 2.662.013
 64,04 %
Decrecente4.36
47 / 73
Decrecente4 Gauteng provincial election 2009 winner by VD.svg
Alianza Democrática (DA) 908.616
 21,86 %
Crecente (crecemento)1.08
16 / 73
Crecente (crecemento)1
Congreso do Pobo (COPE) 323.327
 7,78 %
Novo
6 / 73
Novo
Fronte da Liberdade (FF+) 67.660
 1,63 %
Crecente (crecemento)0.29
1 / 73
Straight Line Steady.svg
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) 61.856
 1,49 %
Decrecente1.02
1 / 73
Straight Line Steady.svg
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) 36.099
 0,87 %
Decrecente0.77
1 / 73
Straight Line Steady.svg
Demócratas Independentes (ID) 25.243
 0,61 %
Decrecente0.92
1 / 73
Straight Line Steady.svg
Movemento Democrático Unido (UDM) 16.480
 0,40 %
Decrecente0.59
0 / 73
Decrecente1
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) 12.880
 0,31 %
Decrecente0.54
0 / 73
Decrecente1
Partido Demócrata Cristián Unido (UCDP) 1.908
 0,24 %
Decrecente0.02
0 / 73
Straight Line Steady.svg
Organización do Pobo de Azania (APO) 8.927
 0,21 %
Decrecente0.04
0 / 73
Straight Line Steady.svg
Partido do Movemento Democrático (DMP) 5.731
 0,14 %
Novo
0 / 73
Novo
Convención do Pobo Africano (APC) 5.123
 0,12 %
Novo
0 / 73
Novo Partido máis votado por barrio:
     ANC      DA      IFP      COPE      FF+
Alianza Demócrata Cristiá (CDA) 2.901
 0,07 %
Crecente (crecemento)0.16
0 / 73
Straight Line Steady.svg
Alianza Cristiá Africana (ACA) 2.541
 0,06 %
Novo
0 / 73
Novo
Gauteng Legislature, 2009 general election.svg
Mulleres Adiante (WF) 1.974
 0,05 %
Novo
0 / 73
Novo
Gran Kongreso de Suráfrica (GKSA) 1.909
 0,05 %
Novo
0 / 73
Novo
Convención Nacional Demócrata (NADECO) 1.497
 0,04 %
Novo
0 / 73
Novo
Alianza de Demócratas Libres (AFD) 1.101
 0,03 %
Novo
0 / 73
Novo
Partido da Nova Visión (NVP) 1.079
 0,03 %
Novo
0 / 73
Novo
Votos válidos 4.157.048
 98,98 %
Votos en branco/anulados 42.815
 1,02 %
Votos en total 4.199.863
 100,00 %
Votantes rexistrados/participación 5.555.159
 75,60 %
KwaZulu-Natal Partido Votos % +/− Escanos +/− Mapas/Diagramas
Congreso Nacional Africano (ANC) 2.192.516
 62,95 %
Crecente (crecemento)15.97
51 / 80
Crecente (crecemento)13 KwaZulu-Natal provincial election 2009 winner by VD.svg
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) 780.027
 22,40 %
Decrecente14.42
18 / 80
Decrecente12
Alianza Democrática (DA) 318.559
 9,15 %
Crecente (crecemento)0.80
7 / 80
Straight Line Steady.svg
Fronte Minoritaria (MF) 71.507
 2,05 %
Decrecente0.56
2 / 80
Straight Line Steady.svg
Congreso do Pobo (COPE) 44.890
 1,29 %
Novo
1 / 80
Novo
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) 23.537
 0,68 %
Decrecente1.11
1 / 80
Decrecente1
Movemento Democrático Unido (UDM) 7.953
 0,23 %
Decrecente0.52
0 / 80
Decrecente1
Al Jama-ah (AJ) 7.612
 0,22 %
Novo
0 / 80
Novo
Convención Nacional Demócrata (NADECO) 6.881
 0,20 %
Novo
0 / 80
Novo
Demócratas Independentes (ID) 6.853
 0,20 %
Decrecente0.30
0 / 80
Straight Line Steady.svg
Fronte da Liberdade (FF+) 5.760
 0,17 %
Decrecente0.12
0 / 80
Straight Line Steady.svg
Convención do Pobo Africano (APC) 5.087
 0,15 %
Novo
0 / 80
Novo
Congreso Democrático Surafricano (SADC) 3.883
 0,11 %
Novo
0 / 80
Novo
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) 2.578
 0,07 %
Decrecente0.11
0 / 80
Straight Line Steady.svg Partido máis votado por barrio:
     ANC      IFP      DA      MF      ACDP      APC      Empate
Mulleres Adiante (WF) 1.816
 0,05 %
Novo
0 / 80
Novo
Partido Demócrata Cristián Unido (UCDP) 1.798
 0,05 %
Decrecente0.09
0 / 80
Straight Line Steady.svg
KwaZulu-Natal Legislature, 2009 general election.svg
Gran Kongreso de Suráfrica (GKSA) 1.730
 0,05 %
Novo
0 / 80
Novo
Votos válidos 3.482.987
 98,76 %
Votos en branco/anulados 43.713
 1,24 %
Votos en total 3.526.700
 100,00 %
Votantes rexistrados/participación 4.475.217
 78,81 %
Limpopo Partido Votos % +/− Escanos +/− Mapas/Diagramas
Congreso Nacional Africano (ANC) 1.265.631
 84,88 %
Decrecente4.30
43 / 49
Decrecente2 Limpopo provincial election 2009 winner by VD.svg
Congreso do Pobo (COPE) 112.325
 7,53 %
Novo
4 / 49
Novo
Alianza Democrática (DA) 51.856
 3,48 %
Decrecente0.11
2 / 49
Straight Line Steady.svg
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) 10.246
 0,69 %
Decrecente0.58
0 / 49
Decrecente1
Fronte da Liberdade (FF+) 9.035
 0,61 %
Crecente (crecemento)0.01
0 / 49
Straight Line Steady.svg
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) 7.934
 0,53 %
Decrecente0.41
0 / 49
Decrecente1
Partido da Nova Visión (NVP) 6.497
 0,44 %
Novo
0 / 49
Novo
Organización do Pobo de Azania (APO) 5.640
 0,38 %
Decrecente0.13
0 / 49
Straight Line Steady.svg
Movemento Democrático Unido (UDM) 5.193
 0,35 %
Decrecente1.37
0 / 49
Decrecente1 Partido máis votado por barrio:
     ANC
     DA
     NVP
     Empate
Convención do Pobo Africano (APC) 4.455
 0,30 %
Novo
0 / 49
Novo
Partido Ximoko 3.452
 0,23 %
Decrecente0.36
0 / 49
Straight Line Steady.svg
Fronte Independente Unida (UIF) 1.769
 0,12 %
Novo
0 / 49
Novo
Partido da Conciencia Negra (BCP) 1.432
 0,10 %
Novo
0 / 49
Novo
Demócratas Independentes (ID) 1.333
 0,09 %
Decrecente0.08
0 / 49
Straight Line Steady.svg
Limpopo Legislature, 2009 general election.svg
Partido Demócrata Cristián Unido (UCDP) 1.320
 0,09 %
Decrecente0.13
0 / 49
Straight Line Steady.svg
Alianza de Demócratas Libres (AFD) 1.041
 0,07 %
Novo
0 / 49
Novo
Mulleres Adiante (WF) 977
 0,07 %
Novo
0 / 49
Novo
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) 936
 0,06 %
Crecente (crecemento)0.06
0 / 49
Straight Line Steady.svg
Votos válidos 1.491.072
 98,51 %
Votos en branco/anulados 22.549
 1,49 %
Votos en total 1.513.621
 100,00 %
Votantes rexistrados/participación 2.256.073
 67,09 %
Mpumalanga Partido Votos % +/− Escanos +/− Mapas/Diagramas
Congreso Nacional Africano (ANC) 1.110.190
 85,55 %
Decrecente0.76
27 / 30
Straight Line Steady.svg Mpumalanga provincial election 2009 winner by VD.svg
Alianza Democrática (DA) 97.204
 7,49 %
Crecente (crecemento)0.55
2 / 30
Straight Line Steady.svg
Congreso do Pobo (COPE) 37.789
 2,91 %
Novo
1 / 30
Novo
Fronte da Liberdade (FF+) 11.590
 0,89 %
Decrecente0.34
0 / 30
Decrecente1
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) 6.565
 0,51 %
Decrecente0.51
0 / 30
Straight Line Steady.svg
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) 6.540
 0,50 %
Decrecente0.45
0 / 30
Straight Line Steady.svg
Partido Progresista Sindawonye (SPP) 6.423
 0,49 %
Decrecente0.04
0 / 30
Straight Line Steady.svg
Convención do Pobo Africano (APC) 4.834
 0,37 %
Novo
0 / 30
Novo
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) 4.097
 0,32 %
Decrecente0.37
0 / 30
Straight Line Steady.svg
Movemento Democrático Unido (UDM) 3.366
 0,26 %
Decrecente0.74
0 / 30
Straight Line Steady.svg
Organización do Pobo de Azania (APO) 2.928
 0,23 %
Crecente (crecemento)0.04
0 / 30
Straight Line Steady.svg
Partido Cristián (CP) 2.435
 0,19 %
Novo
0 / 30
Novo
Demócratas Independentes (ID) 1.527
 0,12 %
Decrecente0.19
0 / 30
Straight Line Steady.svg Partido máis votado por barrio:
     ANC      DA      IFP      SPP
Convención Nacional Demócrata (NADECO) 1.374
 0,11 %
Novo
0 / 30
Novo
Partido Demócrata Cristián Unido (UCDP) 913
 0,07 %
Decrecente0.10
0 / 30
Straight Line Steady.svg
Mpumalanga Legislature, 2009 general election.svg
Votos válidos 1.297.775
 98,55 %
Votos en branco/anulados 19.119
 1,45 %
Votos en total 1.316.894
 100,00 %
Votantes rexistrados/participación 1.696.705
 77,61 %
Noroeste Partido Votos % +/− Escanos +/− Mapas/Diagramas
Congreso Nacional Africano (ANC) 783.794
 72,89 %
Decrecente7.82
25 / 33
Decrecente2 North West provincial election 2009 winner by VD.svg
Congreso do Pobo (COPE) 89.573
 8,33 %
Novo
3 / 33
Novo
Alianza Democrática (DA) 88.728
 8,25 %
Crecente (crecemento)3.25
3 / 33
Crecente (crecemento)1
Partido Demócrata Cristián Unido (UCDP) 56.678
 5,27 %
Decrecente3.22
2 / 33
Decrecente1
Fronte da Liberdade (FF+) 19.463
 1,81 %
Crecente (crecemento)0.49
0 / 33
Decrecente1
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) 7-366
 0,69 %
Decrecente0.48
0 / 33
Straight Line Steady.svg
Movemento Democrático Unido (UDM) 5.467
 0,51 %
Decrecente0.46
0 / 33
Straight Line Steady.svg
Demócratas Independentes (ID) 4.984
 0,46 %
Crecente (crecemento)0.02
0 / 33
Straight Line Steady.svg
Partido do Movemento Democrático (MDP) 4.432
 0,41 %
Novo
0 / 33
Novo Partido máis votado por barrio:
     ANC
     DA
     UCDP
     COPE
     ID
     Empate
Convención do Pobo Africano (APC) 3.116
 0,29 %
Novo
0 / 33
Novo
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) 2.831
 0,26 %
Decrecente0.58
0 / 33
Straight Line Steady.svg
Organización do Pobo de Azania (APO) 2.712
 0,25 %
Decrecente0.03
0 / 33
Straight Line Steady.svg
Partido Político Surafricano (SPP) 1.822
 0,17 %
Novo
0 / 33
Novo
Alianza Cristiá Africana (ACA) 1.750
 0,16 %
Novo
0 / 33
Novo
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) 1.619
 0,15 %
Decrecente0.10
0 / 33
Straight Line Steady.svg
North West Legislature, 2009 general election.svg
Convención Nacional Demócrata (NADECO) 978
 0,09 %
Novo
0 / 33
Novo
Votos válidos 1.075.323
 98,08 %
Votos en branco/anulados 21.007
 1,92 %
Votos en total 1.096.330
 100,00 %
Votantes rexistrados/participación 1.564.357
 70,08 %
Cabo do Norte Partido Votos % +/− Escanos +/− Mapas/Diagramas
Congreso Nacional Africano (ANC) 245.699
 60,75 %
Decrecente8.08
19 / 30
Decrecente2
Northern Cape provincial election 2009 winner by VD.svg
Congreso do Pobo (COPE) 67.416
 16,67 %
Novo
5 / 30
Novo
Alianza Democrática (DA) 50.817
 12,57 %
Crecente (crecemento)1.49
4 / 30
Crecente (crecemento)1
Demócratas Independentes (ID) 19.995
 4,94 %
Decrecente2.11
2 / 30
Straight Line Steady.svg
Fronte da Liberdade (FF+) 5.034
 1,24 %
Decrecente0.31
0 / 30
Straight Line Steady.svg
Partido Demócrata Cristián Unido (UCDP) 4.889
 1,21 %
Crecente (crecemento)0.88
0 / 30
Straight Line Steady.svg
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) 4.041
 1,00 %
Decrecente0.88
0 / 30
Straight Line Steady.svg
Organización do Pobo de Azania (APO) 2.439
 0,60 %
Crecente (crecemento)0.09
0 / 30
Straight Line Steady.svg
Convención do Pobo Africano (APC) 1.364
 0,34 %
Novo
0 / 30
Novo
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) 882
 0,22 %
Decrecente0.22
0 / 30
Straight Line Steady.svg
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) 757
 0,19 %
Decrecente0.05
0 / 30
Straight Line Steady.svg
Movemento Democrático Unido (UDM) 604
 0,15 %
Decrecente0.30
0 / 30
Straight Line Steady.svg Partido máis votado por barrio:
     ANC      DA      COPE      ID      FF+      Empate
Alianza Demócrata Cristiá (CDA) 481
 0,12 %
Novo
0 / 30
Novo
Votos válidos 414.502
 98,44 %
Northern Cape Legislature, 2009 general election.svg
Votos en branco/anulados 6.988
 1,66 %
Votos en total 421.490
 100,00 %
Votantes rexistrados/participación 554.900
 75,96 %
Cabo Occidental Partido Votos % +/− Escanos +/− Mapas/Diagramas
Alianza Democrática (DA) 1.012.568
 51,46 %
Crecente (crecemento)24.35
22 / 42
Crecente (crecemento)10 Western Cape provincial election 2009 winner by VD.svg
Congreso Nacional Africano (ANC) 620.918
 31,55 %
Decrecente13.70
14 / 42
Decrecente5
Congreso do Pobo (COPE) 152.356
 7,74 %
Novo
3 / 42
Novo
Demócratas Independentes (ID) 92.116
 4,68 %
Decrecente3.16
2 / 42
Decrecente1
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) 28.995
 1,47 %
Decrecente1.97
1 / 42
Decrecente1
Movemento Democrático Unido (UDM) 14.013
 0,74 %
Decrecente1.04
0 / 42
Straight Line Steady.svg
Al Jama-ah (AJ) 9.039
 0,46 %
Novo
0 / 42
Novo
Fronte da Liberdade (FF+) 8.384
 0,43 %
Decrecente0.19
0 / 42
Straight Line Steady.svg
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) 4.467
 0,23 %
Decrecente0.19
0 / 42
Straight Line Steady.svg
Partido Musulmán de África (AMP) 4.333
 0,22 %
Decrecente0.48
0 / 42
Straight Line Steady.svg
Alianza Demócrata Cristiá (CDA) 3.987
 0,20 %
Decrecente0.47
0 / 42
Straight Line Steady.svg Partido máis votado por barrio:
     DA
     ANC
     ID
     COPE
     Empate
Partido Nacional de Suráfrica (SANP) 3.378
 0,17 %
Novo
0 / 42
Novo
Partido do Cabo (CP) 2.552
 0,13 %
Novo
0 / 42
Novo
Alianza Nacional (NA) 1.996
 0,10 %
Novo
0 / 42
Novo
Convención do Pobo Africano (APC) 1.778
 0,09 %
Novo
0 / 42
Novo
Partido Demócrata Cristián Unido (UCDP) 1.552
 0,08 %
Decrecente0.15
0 / 42
Straight Line Steady.svg
Organización do Pobo de Azania (APO) 1.291
 0,07 %
Decrecente0.03
0 / 42
Straight Line Steady.svg
Western Cape Legislature, 2009 general election.svg
Fronte Independente Unida (UIF) 1.178
 0,06 %
Novo
0 / 42
Novo
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) 1.158
 0,06 %
Decrecente0.08
0 / 42
Decrecente10
Congreso de Paz e Xustiza (PJC) 630
 0,03 %
Novo
0 / 42
Novo
Partido Universal (UP) 599
 0,03 %
Decrecente0.02
0 / 42
Straight Line Steady.svg
Convención Nacional Demócrata (NADECO) 463
 0,02 %
Novo
0 / 42
Novo
Votos válidos 1.967.751
 98,99 %
Votos en branco/anulados 20.026
 1,01 %
Votos en total 1.987.777
 100,00 %
Votantes rexistrados/participación 2.634.439
 75,45 %

Investidura presidencial[editar | editar a fonte]

Candidato Partido Votos %
Jacob Zuma, 2009 World Economic Forum on Africa-4.jpg Jacob Zuma Congreso Nacional Africano (ANC)
277 / 400
 85,49 %
Mvume Dandala.jpg Mvume Dandala Congreso do Pobo (COPE)
47 / 400
 14,51 %
Abstención, Ausente
76 / 400

Consecuencias[editar | editar a fonte]

O ANC recibiu amplas felicitacións pola súa decisiva vitoria nacional, tanto de fontes internacionais como nacionais. Isto incluía a oposición, coa líder de DA, Helen Zille recoñecendo que a xente lle dera un forte mandato para gobernar. "Confiamos en que o ANC non abuse desta confianza e goberne ben e en interese de todos os surafricanos". Con todo, co 65.9% dos votos e 264 escanos na Asemblea Nacional (con referencia ao 74.3% e 297 escanos que tiña até entón), o ANC xa non tiña a maioría dos dous terzos que necesitaba para cambiar a Constitución unilateralmente. O partido gobernante perdera considerable apoio en oito das nove provincias, parcialmente compensado por un grande aumento en KwaZulu-Natal a expensas do IFP.[24]

Agradecendo o apoio dos seus partidarios a semana seguinte, Helen Zille declarou que DA cumprira cos seus tres obxectivos principais nos comicios: en primeiro lugar, privar o ANC da súa maioría dos dous terzos (aínda que fora só por menos de tres escanos); en segundo lugar, obtivo maioría absoluta en Cabo Occidental; e en terceiro lugar, mellorou significativamente a súa posición parlamentaria.[25] Zille tamén declarou que vía estes comicios como un sinal de que as únicas forzas políticas xenuínas en Suráfrica eran DA e o ANC, e que a maioría dos votantes xa non tiraban o seu voto en partidos "pequenos e insignificantes".[26]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Court backs S Africa expat vote". BBC News. 9 de febreiro de 2009. Consultado o 23 de maio de 2010.  (en inglés)
  2. Votantes rexistrados no estranxeiro poden votar en Suráfrica - People's Daily Online (en inglés)
  3. (Declaración de Prensa: Resultados das eleccións para cargos do ANC, 19 de decembro de 2007) Arquivado 29 de xuño de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)
  4. Roherty, James Michael (1992). State security in South Africa: civil-military relations under P.W. Botha. M.E. Sharpe. p. 23. ISBN 978-0-87332-877-7.
  5. http://www.anc.org.za/show.php?doc=./ancdocs/pr/2008/pr0108.html Arquivado 24 de maio de 2011 en Wayback Machine. Declaración do Comité Executivo Nacional do ANC, 8 de xaneiro de 2008]: O Comité Executivo Nacional do ANC anunciou que "o presidente do ANC encabezará a campaña electoral de ANC como candidato da organización para presidente de Suráfrica nas eleccións de 2009." (en inglés)
  6. Winnie prepárase para un sorpresivo retorno á política do ANC (en inglés)
  7. Perry, Alex. "Eleccións Surafricanas: Por que son importantes Arquivado 03 de novembro de 2012 en Wayback Machine.." TIME. 21 de abril de 2009. . Consultado o 21 de abril de 2009. (en inglés)
  8. "DA lanza a súa campaña en Soweto". News24. 15 de xaneiro de 2009. [Ligazón morta] (en inglés)
  9. "As minorías adquiren importancia no período electoral". IOL. 7 de setembro de 2008. Consultado o 2 de xullo de 2009.  (en inglés)
  10. "DA: Helen Zille, líder de Alianza Democrática, obtivo vitorias en eleccións parciais". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2009. Consultado o 30 de xaneiro de 2018.  (en inglés)
  11. "DA plans to rule SA from 2014". IOL. 11 de novembro de 2008.  (en inglés)
  12. "Lekota está aberto a unha alianza con DA". IOL. 19 de novembro de 2008.  (en inglés)
  13. "Zille apoia as opinións de Lekota". IOL. 19 de novembro de 2008. [Ligazón morta] (en inglés)
  14. "Zille critica a COPE como unha estrataxema para resucitar carreiras políticas". 10 de xaneiro de 2009. [Ligazón morta] (en inglés)
  15. South Africa 'doomed under Zuma' BBC, 18 de abril de 2009 (en inglés)
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 16,5 16,6 Informe de Inter-Parliamentary Union, 2009 (en inglés)
  17. 17,0 17,1 17,2 17,3 17,4 Predicted ANC Win Has Some Asking: Is South Africa Becoming a One-Party State?, The Washington Post, 22 de abril de 2009 (en inglés)
  18. *"60 landless people arrested". Sowetan. [Ligazón morta]
  19. *"Tutu: Why I Won’t Vote". TheTimes. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2008. Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  20. *"Elections: A Dangerous Time for Poor People's Movements in South Africa". SACSIS. Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2011. Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  21. "Construíndo a base dunha oposición crible". SundayTribune. 3 de maio de 2009.  (en inglés)
  22. "Informe do IEC 2009". IEC. Consultado o 21 de abril de 2014.  (en inglés)
  23. Comisión Electoral Independente (en inglés)
  24. https://www.da.org.za/archive/sa-today-thank-you-for-voting-for-change/
  25. http://www.politicsweb.co.za/news-and-analysis/we-fulfilled-our-key-objectives--helen-zille
  26. http://www.politicsweb.co.za/news-and-analysis/we-fulfilled-our-key-objectives--helen-zille