Winnie Madikizela-Mandela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Winnie Mandela")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Winnie Madikizela-Mandela
Winnie Mandela 190814.jpg
Nome completoNomzamo Winfreda Zanyiwe Madikizela
Nacemento26 de setembro de 1936
 Bizana, Eastern Cape
Falecemento2 de abril de 2018
 Xohanesburgo
CausaGripe
NacionalidadeSuráfrica
RelixiónMetodismo
Alma máterUniversidade da África do Sul e Universidade de Witwatersrand
Ocupaciónpolítica
CónxuxeNelson Mandela
FillosZindzi Mandela e Zenani Mandela-Dlamini
PremiosUnited Nations Prize in the Field of Human Rights, Robert F. Kennedy Human Rights Award e Candace Award
editar datos en Wikidata ]

Winnie Madikizela-Mandela, nada como Nomzamo Winifred Zanyiwe Madikizela o 26 de setembro de 1936,[1] e finada o 2 de abril de 2018,[2] foi unha activista antiapartheid e política surafricana, máis coñecida como Winnie Mandela. Exerceu diversas funcións no goberno surafricano, incluíndo Ministra de Artes, Cultura, Ciencia e Tecnoloxía. Era membro do partido Congreso Nacional Africano, servindo no Comité da Executiva Nacional e na Liga das mulleres.

Nada no seo dunha familia xosa de Bizana, na daquela Unión Surafricana, estudou traballos sociais en Jan Hofmeyr. En 1958, casou co activista antiapartheid Nelson Mandela en Xohanesburgo. Estiveron casados durante 38 anos e tiveron dous fillos xuntos. En 1963, Mandela foi encarcerado despois do xuízo de Rivonia e dende entón ela converteuse na súa cara pública durante os 27 anos que estivo na cadea. Durante este período, converteuse nunha figura de moita relevancia dentro do movemento antiapartheid. Foi arrestada e detida polos servizos de seguridade do estado en varias ocasións e estivo varios meses en confinamento.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Winnie Mandela. nndb.com
  2. Sermos Galiza, ed. (2 de abril de 2018). "Morre a activista anti-apartheid Winnie Mandela". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]