Alianza Democrática (Suráfrica)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Alianza Democrática (DA en inglés, de Democratic Alliance, en afrikaans Demokratiese Alliansie) é un partido político surafricano e o principal partido da oposición, enfrontado ao partido gobernante Congreso Nacional Africano (ANC).

O partido foi creado no ano 2000 trala unión do Partido Democrático (DP), do Nuwe Nasionale Party (NNP) e da pequena Alianza Federal (FA). A unión aguantou até finais do ano 2001, cando o NNP e a FA deixaron o partido, gardando o DP o novo nome. O primeiro líder do partido foi Tony Leon, que foi substituído en maio de 2007 por Helen Zille, a alcaldesa de Cidade do Cabo e dende o 2009 a Xefe de Goberno da provincia do Cabo Occidental. No ano 2015 decidiu non volver a presentarse á reelección de líder do partido e foi substituída por Mmusi Maimane, a primeira vez que o partido foi dirixido por un líder negro.

O partido incrementou os seu resultados electorais até as eleccións xerais de 2019 cando perdeu votos por primeira vez ficando nun porcentaxe de votos do 20,7%. Na provincia do Cabo Occidental conseguiu o DA a maioría absoluta no 2009, sendo esta a única provincia de Suráfrica na que o ANC non goberna.