El Momento (Viveiro)
El Momento | |
---|---|
Localidade | Viveiro |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Momento foi un periódico editado en Viveiro entre 1931 e 1934.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Órgano de las Agrupaciones Socialistas del distrito y Defensor de la clase trabajadora, apareceu o 1 de decembro de 1931. Periódico decenal ata agosto de 1933, en que pasou a ser quincenal e cambiou o seu subtítulo por Periódico quincenal. Defensor de la clase trabajadora. Estaba dirixido por Benito Sánchez López, quen despois foi substituído por José López Martínez, e entre os seus colaboradores figuraban J. Germán Díaz Muñoz, Manuel Rivas Seivane (coñecido tamén por Juan del Pueblo), Mariano Rojo, Francisco Seijas, Agapito García Atadell, Regina García García, Juan García Morales, Margarita Nelken, Luciano Pérez e Miguel R. Seisdedos. Periódico de orientación socialista, denunciou o caciquismo, foi anticlerical, apoiou a concesión do voto á muller, preocupouse pola cultura do obreiro, fixo propaganda do esperanto, e mostrou reticencias ante as autonomías. Deixou de editarse en 1934.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pérez Pais, Carmen (2005). "El Momento". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Teijeira Fanego, Mari Paz; Torre Rioyo, María de la (1997). A prensa en Lugo: dous séculos de historia. Lugo: Deputación Provincial. pp. 287–289. ISBN 84-8192-110-6.