Benito Sánchez López
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Morte | maio de 1966 Viveiro, España |
Alcalde de Viveiro | |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, político |
Benito Sánchez López, finado en Viveiro en maio de 1966, foi un xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Militante socialista,[1][2] foi nomeado membro da Comisión Xestora de Viveiro en abril de 1931.[3] Foi elixido concelleiro de Viveiro nas eleccións de maio de 1931 e foi alcalde accidental de Viveiro en xaneiro de 1934.[4] Foi director de El Momento de Viveiro. Posteriormente foi cabo inspector de arbitrios. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado o 3 de outubro. Foi detido o 17 de marzo de 1937 e saíu en liberdade o 26 do mesmo mes. Finou en Viveiro en maio de 1966.[5]