Cristina Saavedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cristina Saavedra
Nome completoCristina Saavedra
Nacemento13 de novembro de 1975
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxornalista e presentadora de televisión
editar datos en Wikidata ]

Cristina Saavedra, nada na Coruña o 13 de novembro de 1975, é unha xornalista galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), iniciou a súa traxectoria profesional como reporteira na Televisión de Galicia (TVG) onde posteriormente foi presentadora de informativos durante catro anos.

No ano 2000 pasou a Antena 3, presentou o programa do corazón Ahora, un espazo que comezou sendo diario (de luns a venres) e que nun principio co-presentaba xunto co tamén xornalista galego Liborio García. Finalmente pasou a facerse cargo do programa en solitario e a periodicidade deste pasou a ser semanal, os sábados. Ahora estivo en emisión en Antena 3 durante case seis anos, desde 2000 ata o verán de 2006, emitíndose máis de cincocentos programas.

Pouco despois de que finalizara Ahora, Saavedra fichou por laSexta, onde volveu ó xénero do informativo. Actualmente, e desde setembro de 2006, é correspondente e reporteira de laSexta Noticias.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]