Saltar ao contido

Ekai Lersundi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEkai Lersundi
Biografía
Nacemento13 de outubro de 2001 Editar o valor en Wikidata
Ondarroa, España Editar o valor en Wikidata
Morte15 de febreiro de 2018 Editar o valor en Wikidata (16 anos)
Ondarroa, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónestudante Editar o valor en Wikidata

Ekai Lersundi Martínez, nado en Ondarroa (Biscaia) o 13 de outubro de 2001 e finado na mesma vila o 15 de febreiro de 2018,[1] foi un mozo trans, activista e referente do movemento LGTBI español.[2] Suicidouse aos 16 anos, mentres se atopaba á espera de que se lle autorizase a terapia hormonal.[3]

Datos biográficos

[editar | editar a fonte]

Dende os 3 anos, a familia comezou a recibir informes escolares sobre unha suposta inmaturidade e dificultades de aprendizaxe, posteriormente identificadas como dislexia e discalculia. Os informes tamén sinalaban que, con todo, puña gran empeño no estudo. Na educación secundaria as dificultades aumentaron e comezou a desenvolver un carácter retraído.[4]

Malia terlles mencionado aos pais algunha vez que "querería ser un neno", non lle deron maior importancia. Porén, ao comprar roupa ou cortar o pelo, a tendencia era máis acusada.[4] En 2017, Lersundi declarou ante os pais que era un mozo. Estes ofrecéronlle o seu apoio e contactaron con Chrysallis, unha asociación de familias de menores trans.[5] Nese momento, con axuda da súa nai, Ekai escolleu o nome da súa nova identidade. Tamén llelo notificou ás súas amizades e coñecidos, entre quen obtivo grande apoio. O próximo paso era notificar a situación no seu instituto e no sistema sanitario. Isto resultou máis dificultoso, ao non teren experiencia en casos similares.[4]

Afeccionado á escritura, proxectaba realizar o bacharelato de Artes en Durango (Biscaia) e cursar Comunicación Audiovisual na universidade. Tamén mostraba interese pola fotografía e a cultura xaponesa.[4]

Activismo

[editar | editar a fonte]

Desde o primeiro momento contou co apoio da súa familia e reivindicou a súa identidade de xénero. De feito, chegou a expor o seu caso ante diversos medios de comunicación. Ekai tamén impulsou sesións formativas para o profesorado e alumnado do seu instituto. Ditas sesións recibiron o visto e prace do Goberno Vasco en febreiro de 2017, aínda que Lersundi non chegou a velas.

Superando o seu carácter tímido, conseguiu que os seus compañeiros e profesores deixasen de usar o seu nome de nacemento e adoptasen o de Ekai.[6]

Malia ter a opción de realizar o seu tratamento hormonal en Barcelona, Lersundi, a xeito de reivindicación, optou por solicitalo no Hospital Universitario de Cruces-Gurutzetako Unibertsitate Ospitalea, en Barakaldo (Biscaia).[7][1] Daquela, a lei permitía este tipo de tratamento a partir dos 16 anos. Porén, a autorización demorouse e Ekai comezou a desenvolver caracteres sexuais secundarios femininos. O mozo atopouse nunha situación crítica que os seus pais tentaron resolver cunha queixa ante o organismo competente. No entanto, as circunstancias superárono e o 15 de febreiro de 2018 a súa nai atopouno morto na casa.[4]

Referente

[editar | editar a fonte]

O suicidio de Lersundi visibilizou moitos casos de menores trans na mesma situación. Isto evidenciou a necesidade de actualizar a atención que se presta a estas persoas.[8] Entre outras cuestións, reivindícase:

A asociación Chrysallis, o Concello de Ondarroa, Save the Children[3] e asociacións do ámbito da psicoloxía, a sexoloxía e o colectivo LGTBI ofrecéronlle o seu apoio á familia.[10][11][12] O caso de Ekai Lersundi favoreceu a difusión dun amplo movemento para o recoñecemento das persoas trans e o desenvolvemento de recursos en todos os ámbitos para a súa protección.[13]

Desde outubro de 2018 existe un monólito en recordo a Ekai no paseo Itsas Aurre de Ondarroa.[14]

Documental

[editar | editar a fonte]

En 2020 estreouse un documental breve sobre a vida de Ekai Lersundi, "Mi pequeño gran samurai", dirixido pola ondarrutarra Arantza Ibarra Basáñez.[15] Estreouse a nivel mundial no festival Zinegoak de Bilbao na sección oficial e obtivo o premio do público.[16] Ten sido proxectado noutros festivais, mesmo a nivel internacional, coma o estadounidense Silicon Valley Queer Film Festival.[17]

  1. 1,0 1,1 1,2 SLU, Herritar Berri (17 de xaneiro de 2019). "Enpatia ipurdiko zuloan" (en éuscaro). Consultado o 19 de xaneiro de 2019. 
  2. aingerumayor (28 de marzo de 2018). "Haurren transexualitatea ulertzeko ohar batzuk" (en éuscaro). Consultado o 19 de xaneiro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Ormazabal, Mikel (16 de febreiro de 2018). "Un transexual de 16 años en espera de tratamiento hormonal se suicida en Ondarroa". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 19 de xaneiro de 2019. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Mayor, Aingeru. Tránsitos : comprender la transexualidad infantil y juvenil a través de los relatos de madres y padres. ISBN 978-84-7290-996-0. OCLC 1224298039. Consultado o 2020-12-23. 
  5. "El padre de Ekai: «Mi hijo no se ha suicidado por ser transexual, sino por más circunstancias»" (en castelán). 23 de febreiro de 2018. Consultado o 19 de xaneiro de 2019. 
  6. "Un adolescente transexual de 16 años se suicida en Vizcaya" (en castelán). 17 de febreiro de 2018. Consultado o 19 de xaneiro de 2019. 
  7. "Atenció a la salut de les persones trans" (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2019. Consultado o 19 de xaneiro de 2019. 
  8. "Darpón cree que Cruces cumplió la guía de actuación con Ekai, pero dice que "si hay que modificar algo lo vamos a abordar"" (en castelán). 21 de febreiro de 2018. Consultado o 19 de xaneiro de 2019. 
  9. Pérez, Beatriz (19 de xuño de 2018). "Rosa Almirall: "La lucha 'trans' de hoy es comparable con la de los gais de los 70"" (en castelán). Consultado o 19 de xaneiro de 2019. 
  10. "Oharra" (en éuscaro). 20 de febreiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2019. Consultado o 19 de xaneiro de 2019. 
  11. "comunicado del colegio oficial de psicologos de madrid con motivo del triste suceso del fallecimiento del menor trans ekai lersundi" (en castelán). Consultado o 19 de xaneiro de 2019. 
  12. aepssexologia (19 de febreiro de 2018). "Comunicado AEPS a raíz del suicidio de Ekai Lersundi" (en castelán). Consultado o 19 de xaneiro de 2019. 
  13. Vigo, Faro de. "Ekai Lersundi, el último samurai" (en castelán). Consultado o 19 de xaneiro de 2019. 
  14. "Ondarroa homenajea a Ekai con la colocación de un monolito" (en castelán). Consultado o 19 de xaneiro de 2019. 
  15. "Mi pequeño gran samurai (C) (2019)" (en castelán). Consultado o 2022-11-16. 
  16. "MI PEQUEÑO GRAN SAMURAI". Festival Cine Madrid (en castelán). Consultado o 2022-11-16. 
  17. https://www.siliconvalleyqueerfilmfestival.com/march2022/ekai/[Ligazón morta]