Gustave Eiffel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Eiffel»)
Infotaula de personaGustave Eiffel

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Alexandre Gustave Bonickhausen dit Eiffel Editar o valor em Wikidata
15 de decembro de 1832 Editar o valor em Wikidata
Dijon, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte27 de decembro de 1923 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Levallois-Perret (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Presidente Société des ingénieurs civils de France (en) Traducir
xaneiro de 1889 – decembro de 1889 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Residenciarue Rabelais (en) Traducir
place d'Iéna (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónÉcole Centrale de Paris (pt) Traducir
Collège Sainte-Barbe Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDeseño urbano, arquitectura, metal construction (en) Traducir e aerodynamics engineering (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónenxeñeiro civil , enxeñeiro , Mestre de obras , emprendedor , arquitecto , Q10497074 Traducir Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1855 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
AlumnosHenry Lepaute (pt) Traducir e François Rigolet (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalThéophile Seyrig (pt) Traducir (1869–1879) Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMarguerite Gaudelet (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesTullie Moneuse (en) Traducir (Tía) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Eiffel-1 Find a Grave: 4402 Editar o valor em Wikidata

Alexandre Gustave Eiffel, nado o 15 de decembro de 1832 en Dijon e finado o 27 de decembro de 1923 en París, foi un enxeñeiro francés, especialista en estruturas metálicas. O apelido Eiffel foi adoptado por un dos seus antepasados a principios do século XVIII, tomado do seu lugar de nacemento: Marmagen, na rexión de Eifel, xa que en francés non se podía pronunciar o seu verdadeiro nome: Alessandre Gustaf Bönickhausen.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Non puido ingresar na "École Polytechnique" francesa, polo que acabou graduándose como enxeñeiro químico en 1855. Pouco despois empezou a traballar nunha empresa de equipos para ferrocarrís.

En 1867 funda a consultora e construtora Eiffel et Cie. que adquiriu un gran prestixio internacional no uso do ferro, construíndo centos de importantes estruturas (pontes, guindastres, estacións etc.).

Coa axuda do enxeñeiro belga Téophile Seyrig, adxudicouse unha poxa internacional para deseñar e construír un viaduto de 160 metros de luz sobre o río Douro, entre Porto e Vila Nova de Gaia, Portugal. A súa proposta usaba o "método de forzas", unha técnica de deseñar estruturas nova por aquel entón creada por Maxwell en 1846. A Ponte Maria Pia está constituída por un dobre arco que sostén a vía única de ferrocarril por medio de alicerces que reforzan toda a ponte. A construción foi bastante rápida e estivo concluída en menos de dous anos (5 de xaneiro de 1876 - 4 de novembro de 1877). Foi inaugurada polo rei Lois I e a raíña María Pía. A ponte utilizouse ata 1991 (114 anos) cando se substituíu pola nova ponte de São João. Un deseño do enxeñeiro Edgar Cardoso.

Tamén construíu o viaduto de Garabit en Truyère, que tivo o arco de maior luz da súa época (165 m).

Torre Eiffel[editar | editar a fonte]

A Torre Eiffel.
Artigo principal: Torre Eiffel.

A súa construción máis famosa é a Torre Eiffel. Construída entre os anos 1887 e 1889 para a Exposición Universal de 1889 en París, Francia. Non é tan sabido que el deseñou a estrutura interna da Estatua da Liberdade de Nova York. Adquiriu experiencia na construción deseñando pontes de ferro.

Gustave Eiffel tamén deseñou La Ruche en París, que se convertería, do mesmo xeito que a Torre Eiffel, nun punto de referencia da cidade. Unha estrutura circular de tres pisos que parece unha "colmea". Creouse como unha construción temporal para a Grande Exposición de 1900.

A reputación de Eiffel sufriu un duro revés cando se viu implicado en escándalos financeiros ao redor de Ferdinand de Lesseps. Foi declarado culpable pero el non tiña nada que ver, polo que o seu xuízo foi revisado.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Nos seus últimos anos empezou a estudar aerodinámica.

Eiffel morreu o 27 de decembro de 1923, á idade de 91 anos, na súa mansión da Rue Rabelais de París e foi enterrado no cemiterio de Levallois-Perret, na mesma localidade.

Obras máis importantes[editar | editar a fonte]