Efraím Basílio Krevey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Efraím Basílio Krevey
Bispo da Igrexa Católica Bizantina Ucraína
Ordes
Ordenación sacerdotal12 de novembro de 1951, por Ivan Buchko
Consagración episcopal13 de febreiro de 1972, por Paulo VI
Bispo de San Xoán Bautista en Curitiba
1978 - 2006
PredecesorJosé Romão Martenetz
SucesorValdomiro Koubetch
Outros
A Caridade jamais acabará
Ficha en catholic-hierarchy.org

Efraím Basílio Krevey, nado o 12 de decembro de 1928 en Ivaí (Paraná, Brasil) e finado o 3 de abril de 2012 en Curitiba, é un eclesiástico católico ucraíno brasileiro, 2º bispo de San Xoán Bautista en Curitiba entre 1978 e 2006.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 12 de decembro de 1928 na colonia Saltinho, en Ivaí (Paraná, Brasil).[1][2] En 1940 ingresou no seminario dos basilianos en Prudentópolis, facéndose novizo en 1941.[1] Estudou na Pontificia Universidade Gregoriana entre 1948 e 1952,[2] e foi ordenado sacerdote da Orde Basiliana de San Xosafat o 12 de novembro de 1951 por Ivan Buchko na igrexa dos Santos Serxio e Baco de Roma.[1][2] Posteriormente foi reitor e profesor no seminario San Xosé de Gravataí e superior do mosteiro de San Xosafat en Prudentópolis.

O 29 de novembro de 1971 foi nomeado bispo coadxutor de San Xoán Bautista en Curitiba e bispo titular de Caffa, recibindo a consagración episcopal o 13 de febreiro de 1972 de mans do papa Paulo VI na basílica de San Pedro.[1][2]

O 10 de marzo de 1978 sucedeu a José Romão Martenetz, quen presentou a renuncia por idade como bispo de Curitiba.[1][2] Durante o seu pontificado organizou con éxito a atención pastoral aos ucraínos do Brasil,[2] e en outubro de 1998 aprobou a tradución á lingua portuguesa da liturxia ucraína, co propósito de facela máis accesible ás novas xeracións de ucraínos xa nados no Brasil.[3] Realizou tamén unha importante actividade social e cultural, como a fundación dun fogar para anciáns en Marcelino Ramos, ou a construción do Centro Relixioso-Cultural Ucraíno "Poltava", en Curitiba.

En 1993 abriu o proceso de beatificación de Anatólia Tecla Bodnar, relixiosa das Servas de María Inmaculada e iniciadora da súa congregación no Brasil.[4]

Retirouse o 13 de decembro de 2006, con 78 anos de idade.[1] Finou en Curitiba o 3 de abril de 2012, por complicacións derivadas dun cancro de fígado,[5] e foi enterrado na catedral de San Xoán Bautista.[1]

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

Foi cidadán honorario de Campo Mourão.[6] O 19 de novembro de 2008 o presidente ucraíno Viktor Yushchenko condecorou a Krevey coa Orde ao Mérito, terceira clase, por «unha contribución persoal significativa na información á comunidade mundial sobre a verdad do xenocidio do pobo ucraíno durante o Holodomor de 1932-1933».[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Arquidiocese de Olinda e Recife, ed. (3 de abril de 2012). "Falece dom Efraim Basílio Krevey". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2018. Consultado o 12 de maio de 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Kubiiovych, Volodymyr; Huzar-Struk, Danylo, eds. (1984). Encyclopedia of Ukraine (en inglés) 2. University of Toronto Press. p. 684. ISBN 9780802034441. 
  3. Jung, Neiva Maria; Semechechem, Jakeline Aparecida (2009). "Eventos religiosos e suas práticas de letramento em comunidades multilíngues e multiculturais". Fórum Lingüístico (Florianópolis) 6 (2): 33. ISSN 1984-8412. 
  4. de Melo Camapanharo, Rosângela (12 de xuño de 2018). "Irmã Anatólia, rogai por nós!". Imaculada Rede de Educação. Arquivado dende o orixinal o 30/12/2018. Consultado o 19/10/2018. 
  5. "Morre, aos 83 anos, bispo dom Efraim Basílio Krevey". Gazeta do Povo (en portugués). 3 de abril de 2012. Consultado o 19/10/2018. 
  6. Bonete, Clodoaldo (4 de abril de 2012). "Morre dom Efraim, Cidadão Honorário de CM". Tribuna do Interior (en portugués). Consultado o 19/10/2018. 
  7. "УКАЗ ПРЕЗИДЕНТА УКРАЇНИ № 1057/2008". president.gov.ua (en ucraíno). 19 de novembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 11/07/2014. Consultado o 30/03/2019. За вагомий особистий внесок у донесення до світової спільноти правди про геноцид Українського народу під час Голодомору 1932-1933 років [...] Нагородити орденом «За заслуги» III ступеня [...] КРИВОГО Єфрема Василя - єпископа-емерита Курітібського Української католицької церкви Бразилії.