José Romão Martenetz
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 7 de febreiro de 1903 Lviv, Ucraína |
| Morte | 23 de febreiro de 1989 Curitiba, Brasil |
| Lugar de sepultura | Brasil |
| Bispo diocesano | |
| 29 de novembro de 1971 – 10 de marzo de 1978 – Efraím Basílio Krevey → | |
| Bispo titular | |
| 10 de maio de 1958 – Diocese: Soldaia (en) | |
| Bispo auxiliar | |
| 10 de maio de 1958 – Diocese: Ordinariato do Brasil para os católicos de rito oriental (pt) | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica bizantina ucraína |
| Educación | Pontificia Universidade Gregoriana |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico (1958–), sacerdote católico (1928–) |
| Consagración | Ambrosii Senyshyn |
José Romão Martenetz, nado o 7 de febreiro de 1903 en Lviv[1] e finado o 23 de febreiro de 1989 en Curitiba,[1] foi un eclesiástico católico ucraíno brasileiro, 1º bispo de San Xoán Bautista en Curitiba entre 1971 e 1978.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aínda que naceu en Ucraína, trasladouse moi novo cos seus pais ao Brasil. Estudou en Roma, e posteriormente foi ordenado sacerdote da Orde Basiliana de San Xosafat[1] o 1 de xaneiro de 1928 por Isaias Papadopoulos.
A partir de 1953 traballou na curia basiliana en Roma, onde dirixiu unha comisión para a publicación da Biblia en lingua ucraína e foi reitor do Pontificio Colexio de San Xosafat.[1]
O 10 de maio de 1958 foi nomeado bispo auxiliar do ordinariato para os católicos orientais no Brasil[1] e bispo titular de Soldaia, recibindo a consagración episcopal o 15 de agosto de 1958 de mans do bispo de Stamford Ambrosii Senyshyn.
O 30 de maio de 1962 foi erixido o exarcado apostólico do Brasil para os ucraínos, e José Romão Martenetz foi nomeado o primeiro exarca.[1] Cando o exarcado foi elevado a diocese, foi nomeado primeiro bispo de San Xoán Bautista en Curitiba. Retirouse o 10 de marzo de 1978.[1] Finou en Curitiba o 23 de febreiro de 1989.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Volodymyr Kubiiovych, Danylo Huzar-Struk, ed. (1993). Encyclopedia of Ukraine (en inglés) 3. University of Toronto Press. p. 324. ISBN 9780802039934.
Martynets, Yosyp