Eduardo Villot Canal
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1908 Ourense, España |
| Morte | 18 de agosto de 1936 Alto do Forriolo, España |
| Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Ocupación | mestre, xornalista |
| Familia | |
| Irmáns | Ramón Villot Canal |
Eduardo Villot Canal, nado en Ourense cara a 1908 e finado no Alto do Forriolo o 18 de agosto de 1936, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Modesto Villot Varela. Mestre en Ourense, foi profesor do Colexio Sueiro. Afiliado ao Partido Comunista e dirixente das Xuventudes Comunistas, foi colaborador de El Soviet e Espartaco. Foi elixido vogal da Juventud Republicana de Ourense, presidida por Alfonso Pazos, que se constituíu en febreiro de 1931.[1] Foi xulgado pola colocación dun pasquín subversivo no que atacaba ao réxime en novembro de 1932.[2] Tomou parte no mitin comunista celebrado no Teatro Losada de Ourense en decembro de 1932 con Benigno Álvarez, Jesús Carrete e José Silva.[3] Detido con Manuel Gómez del Valle, acusados de rebelión; xulgados na Audiencia de Ourense, foron foron absoltos en marzo de 1933.[4] Foi secretario de axitación e propaganda do Comité Local de lucha contra la Guerra en abril de 1933.[5] Participou no mitin celebrado polo Comité de cursillistas na Casa do Pobo o 31 de maio de 1936.[6]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e ingresou na prisión de Ourense o 26 de xullo.[7] Foi destituído como mestre a principios de agosto.[8] Foi asasinado no Alto do Forriolo, na estrada entre Celanova e Xinzo de Limia, o 18 de agosto de 1936.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Región, 18-2-1931, p. 1.
- ↑ El Tea, 3-11-1932, p. 3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 20-12-1932, p. 13.
- ↑ El Pueblo Gallego, 1-4-1933, p. 10.
- ↑ La Zarpa, 21-4-1933, p. 1.
- ↑ El Pueblo Gallego, 31-5-1936, p. 9.
- ↑ Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1936 a 1937
- ↑ El Pueblo Gallego, 4-8-1936, p. 7.