Lois Antón
Aparencia
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1931 ![]() Escudeiros, España ![]() |
Morte | xullo de 2018 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poeta ![]() |
Xénero artístico | Poesía, Teatro |
![]() ![]() ![]() |
Lois Antón Pérez, nado en Escudeiros (Ramirás) en 1931 e finado o 28 de xullo de 2018,[1] foi un escritor galego, autor de teatro e poesía.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De formación autodidacta, a súa obra é de carácter popular, destacando polo compromiso coa clase traballadora e coa reivindicación da nación galega, ademais dunha especial preocupación polo mundo da infancia. Foi colaborador de diversas causas solidarias, entre as que destacou a súa implicación na homenaxe aos represaliados no alto do Forriolo, e diversas colaboracións na revista Arraianos.
No ano 2017 foille concedido o Premio Rebulir da Cultura Galega en recoñecemento a unha vida adicada a literatura popular en e desde Ramirás.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Pequeno poemario para xente pequena, 2004.
- A máis fermosa roseira. Cantigas para a escola, 2005.
- Vellos e novos cantares. Regueifas e desafíos, 2012.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Represión, solidariedade e resistencia antifranquista, 2007.
- En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos.
- Vieiros de palabra. Terra de Celanova-Baixa Limia en letras de autor, 2012, Librería Conde, Celanova.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
- Aires de poesía. Escolma de poetas da bisbarra de Celanova[3][4][5]. Aira editorial, 2023. ISBN 978-84-125593-7-8
Outras
[editar | editar a fonte]- Voz da terra, arela do pobo. Letras para o Lois Antón: Recoñecemento a un nacionalista galego de base, 2009. Editado pola Asociación Cultural e Xuvenil de Ramirás. Inspirada na súa figura.
- Aos bos e xenerosos. 2014. Edizer / Asociación Cultural e Xuvenil de Ramirás.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Morre Lois Antón, poeta popular Arquivado 29 de xullo de 2018 en Wayback Machine., Semos Galiza, 28 de xullo de 2018.
- ↑ Uxía, Gayoso e Lois Antón recibirán os premios Rebulir de Cultura Galega en Ramirás
- ↑ "Memoria poética". 14/04/2023. Consultado o 19/04/2023.
- ↑ "Posta de largo do libro de poesía “Aires de Pedra”". 16/04/2023. Consultado o 19/04/2023.
- ↑ "El libro ‘Aires de poesía’ incluye poemas de la escritora Anisia Miranda". 11/04/2023. Consultado o 19/04/2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrevista no xornal La Región
- Perfíl en As escollas electivas
- O autor no Caderno da crítica