Saltar ao contido

Ramón Villot Canal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Villot Canal
Biografía
Nacemento1899 Editar o valor en Wikidata
Ourense Editar o valor en Wikidata
Morte7 de febreiro de 1965 Editar o valor en Wikidata (65/66 anos)
Vigo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, xornalista, político Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosRamón Villot Editar o valor en Wikidata
IrmánsEduardo Villot Canal Editar o valor en Wikidata

Ramón Villot Canal, nado en Ourense cara a 1899 e finado en Vigo o 7 de febreiro de 1965, foi un mestre, xornalista e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Modesto Villot Varela. Foi director da Academia Villot de Vigo. Participou na reunión constitutiva da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Vigo (ATEV) o 19 de xullo de 1931 e foi secretario do seu primeiro comité directivo presidido por Víctor Fraiz Villanueva. Déuse de baixa na Asociación a mediados de 1932 e paou a ser vicepresidente do Sindicato Católico de Oficios Varios. Ese mesmo verán participou na constitución do Partido Nacionalista Español de Vigo. Foi elixido presidente da Juventud do Bloque Nacional en setembro de 1935.[1][2] En novembro convertéuse en director do seu órgano España. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi censor de prensa e comentarista de Radio Vigo pronunciando conferencias a prol dos sublevados.[3]

Finou en Vigo o 7 de febreiro de 1965 con 65 anos.[4]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con María del Carmen Villot Vidal en 1932,[5] e foi pai de Ramón, María del Carmen, Julio, José María, Mercedes e Dolores Villot Villot.

  1. Faro de Vigo, 4-9-1935, p.
  2. El Pueblo Gallego, 14-9-1935, p.
  3. El Pueblo Gallego, 3-10-1936, p. 2.
  4. Hoja Oficial del Lunes 8-2-1965, p. 2, 3..
  5. Vida Gallega, 10-10-1932, p. 43.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]