Alfonso Pazos Cid
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 3 de febreiro de 1896 Ourense, España |
| Morte | 8 de marzo de 1978 Cidade de México |
Representa: Unión Republicana 2 de abril de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Ourense | |
| 28 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933 Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Ourense | |
| Datos persoais | |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | avogado, político |
| Familia | |
| Fillos | Alfonso Pazos Bande |
Ildefonso Pazos Cid, coñecido como Alfonso Pazos Cid, nado en Ourense o 3 de febreiro de 1896 e finado en Cidade de México o 8 de marzo de 1978, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fixo maxisterio na Escola Normal de Ourense. Licenciouse en Dereito na Universidade de Oviedo. Foi presidente da Juventud Republicana de Ourense (1928).[1] Constituíu en 1930 a asociación de escritores Akademos d'Ourens con Cándido Fernández Mazas. Militante do Partido Republicano Radical Socialista, foi novamente elixido presidente da Juventud Republicana de Ourense en febreiro de 1931.[2] Foi elixido deputado pola provincia de Ourense integrado na coalición coa FRG nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931. Non renovou o mandato nas eleccións de 1933, pero volveu ser elixido pola mesma circunscrición nas listas de Unión Republicana nas eleccións xerais de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo no Goberno civil de Ourense dende o día 18 ás ordes do gobernador Gonzalo Martín March formando parte do Comité de Defensa da República. Despois fuxiu e agochouse até pasar a Portugal e Francia con Francisco Dopazo Rodríguez. Logo chegou a Madrid e ao fin da guerra a Valencia. Foi secretario de organización da Solidaridade Galega Antifeixista. Coa fin da guerra pasou a Francia e logo exiliouse en México. En 1949 participou no Congreso Mundial de Partidarios da Paz celebrado en París, xunto a Bibiano Fernández Osorio-Tafall, Mariano Ruiz-Funes García e José Giral.[3] Finou en Cidade de México o 8 de marzo de 1978.[4]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María del Pilar Bande Rodríguez e foi pai de Alfonso Pazos Bande, e avó de Serxio Pazos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 16-10-1928, p. 14
- ↑ Vida Gallega, 28-2-1931, p. 54.
- ↑ Jordi Guixé i Corominas L'Europa de Franco: l'esquerra antifranquista i la "caça de bruixes" a l'inici de la guerra freda : França 1943-1951 Publicacions de l'Abadia de Montserrat, 2002, ISBN 84-8415-395-9, 788484153955 pàg. 122
- ↑ La Región, 13-3-2003, p. 69.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barreiro, X. R. (coord.); Barreiro, X. R.; López, B.; Mínguez, X. L. (2003). "PAZOS CID, Ildefonso". Parlamentarios de Galicia. Biografías de deputados e senadores (1810-2003) II. Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia/RAG. p. 64. ISBN 84-87987-27-3. doi:10.32766/rag.168.
- Prada Rodríguez, Julio (2004). Ourense, 1936-1939. Alzamento, guerra e represión. Sada: Do Castro. pp. 41–64. ISBN 978-84-8485-157-8.
