Eduardo Reck Miranda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEduardo Reck Miranda

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1963 Editar o valor em Wikidata (60/61 anos)
Porto Alegre, Brasil Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de York
Universidade de Edimburgo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversity of Plymouth (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webneuromusic.soc.plymouth.ac.uk Editar o valor em Wikidata
Discogs: 221997 Editar o valor em Wikidata

Eduardo Reck Miranda, nado en Porto Alegre en 1963,[1] é un compositor brasileiro que investiga no Reino Unido sobre a música informática, particularmente no campo das interfaces cerebro humano-máquina onde as ondas cerebrais substituan os teclados e os comandos de voz para permitir que os discapacitados se expresen musicalmente.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Estudou Procesamento de Datos na UNISINOS e Composición na Universidade Federal do Rio Grande do Sul (UFRGS) no Brasil. Cursou un posgrao en York, Inglaterra, sobre composición utilizando autómatas celulares. En Karlsruhe, Alemaña estudou composición algorítmica no Zentrum für Kunst und Medientechnologie. Doutorouse en 1995 na Universidade de Edimburgo cunha tese sobre aprendizaxe automática da música e síntese de son por software de intelixencia artificial.

Carreira[editar | editar a fonte]

En Escocia desenvolveu un software de síntese granular para xerar espectros de son complexos con autómatas celulares, no EPCC de Edimburgo[3] e deu conferencias na Universidade de Glasgow. Nos 2000 foi profesor na EAMD de Barcelona e na Universidade Americana de París. En París tamén traballou en Sony realizando investigacións sobre mecanismos cognitivos e sistemas de comunicación baseados no son, a evolución da capacidade humana para falar e a súa relación coa música. Desde 2003 foi profeser titular na Universidade de Plymouth, e é membro do Computer Music Lab da UFRGS en Porto Alegre. As súas composicións musicais foron interpretadas en sitios como BrasIlia, Minneapolis, Viena ou Bogotá, e recibiu premios en Europa e América.[4] [5] [6] [7]

Investigación[editar | editar a fonte]

Miranda investiga no campo da intelixencia artificial en música, realizando investigacións en neurociencia e simulacións de procesos biolóxicos na orixe e evolución da música; recorreu a modelos de vida artificial para 'convencer' aos ordenadores de que compoñan música.[8] Até agora, as redes neuronais artificiais conseguiron imitar distintos estilos musicais, pero as composicións orixinais seguen a ser esquivas.[9] Os artigos de Miranda foron publicados por revistas científicas internacionais como Evolutionary Computation, Brain and Language, Digital Creativity, Contemporary Music Review, Computer Music Journal, Journal of New Music Research, Journal of the Audio Engineering Society, Leonardo, Leonardo Music Journal, e Organized Sound.

Obra publicada[editar | editar a fonte]

Libros[editar | editar a fonte]

  • Miranda, E. R. (1998). Computer Sound Synthesis for the Electronic Musician. Focal Press, publisher. ISBN 0-240-51517-X
  • Miranda, E. R. (2000). Readings in Music and Artificial Intelligence. Publisher: Routledge. ISBN 90-5755-094-6
  • Miranda, E. R. (2001). Composing Music with Computers. Publisher: Focal Press. ISBN 0-240-51567-6
  • Miranda, E. R. . (2002). Computer Sound Design: Synthesis Techniques and Programming. Publisher: Focal Press. Second edition. ISBN 0-240-51693-1
  • Miranda, E. R. e Wanderley, M. (2006). New Digital Musical Instruments: Control And Interaction Beyond the Keyboard. Publisher: A-R Editions, Inc. ISBN 0-89579-585-X

Capítulos [10][editar | editar a fonte]

  • Miranda, E. R. (2005). "Musique de la Vie Artificiel", L. Poissant (Ed.), Art et Biotechnologies. Montreal, Canadá: Presses de l'Universite du Quebec.
  • Todd, P. e Miranda, E. R. (2005). "Putting some (artificial) life into models of musical creativity", I. Deliege e G, Wiggins (Eds.), Musical creativity: Current research in theory and practice. Londres: Psychology Press.

Artigos en revistas (escolma)[editar | editar a fonte]

  • Miranda, E. R. (2006). "Artificial Phonology: On Synthesising Disembodied Humanoid Voice for Composing Music with Surreal Languages", Leonardo Music Journal, 15.
  • Miranda, E. R. e Matthias, J. (2005). "Granular Sampling using a Pulse-Coupled Network of Spiking Neurons", en F. Rothlauf et al. (Eds.) EvoWorkshops 2005, Lecture Notes in Computer Science 3449, pp. 539–544. Berlín: Springer-Verlag.
  • Miranda, E. R. and Brouse, A. (2005). "Interfacing the Brain Directly with Musical Systems: On developing systems for making music with brain signals ", Leonardo, 38(4):331–336.
  • Valsamakis, N. and Miranda, E. R. (2005). "Iterative Sound Synthesis by means of Cross-Coupled Digital Oscillators", Digital Creativity. 16(2):79–92.
  • Miranda, E. R., Roberts, S. and Stokes, M. (2004). "On Generating EEG for Controlling Musical Systems", Biomedizinische Technik, 49(1):75–76.
  • Miranda, E. R. (2004). "At the Crossroads of Evolutionary Computation and Music: Self-Programming Synthesizers, Swarm Orchestras and the Origins of Melody", Evolutionary Computation, Vol. 12, No. 2. pp. 137–158.
  • Miranda, E. R., Kirby, S. and Todd, P. (2003). "On Computational Models of the Evolution of Music: From the Origins of Musical Taste to the Emergence of Grammars", Contemporary Music Review, Vol. 22, No. 3, pp. 91–111.
  • Miranda, E. R., Sharman, K., Kilborn, K., Duncan, A. (2003). "On Harnessing the Electroencephalogram for the Musical Braincap", Computer Music Journal, Vol. 27, No. 2, pp. 80–102.
  • Westerman, G. and Miranda, E. R. (2003). "Modelling the Development of Mirror Neurons for Auditory-Motor Integration", Journal of New Music Research, Vol. 31, No. 4, pp. 367–375.
  • Westerman, G. and Miranda, E. R. (2003). "A New Model of Sensorimotor Coupling in the Development of Speech", Brain and Language, Vol.82, No.2, pp. 393–400.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Miranda, Eduardo Reck. (1995). Olivine Trees. (Simpósio Brasileiro de Computação e Música: NUCOM01).
  • Miranda, Eduardo Reck. (1996). Goma Arábica. (Sociedade Brasileira de Música Eletroacústica: SBME01).
  • Miranda, Eduardo Reck. (1998). Electroacoustic Samba X. (OOdiscs: 45).
  • Miranda, Eduardo Reck. (1998). Requiem per una veu perduda. (Organised Sound: 3/3).
  • Miranda, Eduardo Reck. (1999). Electroacoustic Sambas II-III. (IMEB/UNESCO/CIME: LDC 278068/69).
  • Miranda, Eduardo Reck. (2000). Electroacoustic Samba I. (Leonardo Music Journal: 10).
  • Miranda, Eduardo Reck (composer). (2004). Mother Tongue. Sargasso Records. ASIN: B00029LO8G

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Eduardo Reck Miranda – The Living Composers Project". composers21.com. Consultado o 2023-01-18. 
  2. "Plymouth University; page 11685". plymouth.ac.uk (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2007. Consultado o 18 de xaneiro de 2023. 
  3. The Sonic Spot. (2006). Review of Chaosynth Arquivado 09 de maio de 2006 en Wayback Machine.
  4. O concerto de Ferguson de outubro de 1996 en Edimburgo, colocou un pequeno cuarteto de corda de Eduardo Reck Miranda entre a música de compositores do século XVI. Miller, Mary. (17 de outubro de 1996). Scotsman (Edimburgo, Escocia). Musica Scotica Glasgow University.
  5. O TTO tamén estreará un novo traballo encargado por Peninsula Arts, Triptych, para Distributed Strings do compositor brasileiro Eduardo Reck Miranda, Lector de Intelixencia Artificial e Música da Universidade de Plymouth. Plymouth Evening Herald. (22 de outubro de 2004). Orchestra teams up with opera star. p. 36.
  6. "Plymouth Live - Latest local news, sport & business from Plymouth". plymouthherald (en inglés). Consultado o 2023-01-18. 
  7. O programa cultural da Universidade de Plymouth incluíu un cuarteto do doutor Eduardo Reck Miranda, lector de música informática e intelixencia artificial na Facultade de Tecnoloxía da universidade. Western Morning News (UK). (23 de febreiro de 2005). College showcases computer music. p. 54.
  8. Electronic Engineering Times. (January 6, 2003). What's Hot: Computers' Tuneful Tinkering is Music to His Ears. Issue 1251. p. 1.
  9. Johnson, R. Colin. (January 6, 2003). Electronic Engineering Times. Harnesses artificial life to evolve original music – Composer scores advance in high-tech tunes. Issue 1251. p.43.
  10. "Publications". ICCMR - Interdisciplinary Centre for Computer Music Research. Consultado o 2023-01-18. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Ligazóns externas[editar | editar a fonte]