Economía de Bosnia e Hercegovina
Economía de Bosnia e Hercegovina | ||
---|---|---|
Moeda | marco convertible | |
Organizacións comerciais de que fai parte | CEFTA | |
Datos estatísticos[1] | ||
PIB | US$ 29,9 mil millóns (2008) | |
PIB (posición) | 105ª no mundo[2] | |
% de crecemento PIB | 5,6% (2008) | |
PIB per cápita | US$ 6 500 (2008) | |
PIB por sector | agricultura 10,2%, industria 23,9%, comercio e servizos 66% (2006) | |
Inflación anual | 8% (2008) | |
Poboación abaixo da liña da pobreza | 25% (2004) | |
Total da forza de traballo | 1 196 000 (2007) | |
% traballadores por sector | agricultura 19,8%, industria 32,6%, comercio e servizos 47,6% (2007) | |
Desemprego | 29% (2007) | |
Principais industrias | aceiro, carbón, minería de ferro, chumbo, zinc, manganeso, bauxita, montaxe de vehículos, téxtiles, produtos de tabaco, móbiles de madeira, montaxe de tanques e avións, utensilios domésticos, refino de petróleo | |
Parcerías comerciais[1] | ||
Exportacións (US$) | 5 092 millóns f.o.b. (2008) | |
Principais produtos exportados | metais, roupas, produtos de madeira | |
Principais mercados | Croacia 21%, Eslovenia 16,5%, Italia 16,1%, Alemaña 13,3%, Austria 9,6%, Hungría 5,7% (2007) | |
Importacións (US$) | 11 940 millóns (2008) | |
Principais produtos importados | máquinas e equipamentos, produtos químicos, combustibles, alimentos | |
Principais parceiros | Croacia 24,7%, Eslovenia 13,3%, Alemaña 13,1%, Italia 10,4%, Austria 7%, Turquía 6,5%, Hungría 5,4% (2007) | |
Finanzas públicas[1] | ||
Débeda externa | US$ 8 353 millóns (2008) | |
Receitas (US$) | 8 607 millóns | |
Despesas (US$) | 8 962 millóns (2008) | |
Axuda económica recibida (US$) | 546,1 millóns[3] (2005) |
Coa guerra civil entre o 1992 e o 1995 a produción da Bosnia e Hercegovina caeu 80%, o desemprego elevouse, subsistindo a maior parte da poboación grazas á axuda humanitaria do exterior. Á deterioración da economía uniuse o bloqueo económico por parte de países veciños como Serbia e Croacia. Coa paz, a produción recuperouse fortemente entre o 1996 e o 1999. Entre o 2003 e o 2008 o crecemento da economía superou 5% ao ano[1]. O país aínda é unha das ex repúblicas máis pobres da antiga Iugoslavia.
O marco convertible é a moeda do país dende o 1998. A súa paridade co euro é de 0,51129 EUR por 1 BAM (é dicir 1 EUR = 1,95583 BAM), a mesma que se fixou co antigo marco alemán coa aparición do euro.
A confianza no sector bancario ten crecido, así como o sector privado e o investimento estranxeiro, pero o gasto do goberno sitúase no patamar de 40% do produto interno bruto, debido á redundancia das accións públicas en nivel nacional e municipal. Un grande déficit público e o alto desemprego son os principais problemas macroeconómicos[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2013. Consultado o 22 de agosto de 2009.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2011. Consultado o 22 de agosto de 2009.
- ↑ http://globaledge.msu.edu