Earl Boykins
Axente libre | |
Posición | Base |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 2 de xuño de 1976 (48 anos) Cleveland, Ohio |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,65 m (5 ft 5 in) |
Peso oficial | 60 kg (133 lb) |
Información da carreira | |
Universidade | Eastern Michigan |
Carreira | dende 1999 |
Historial de equipos | |
Rockford (1998–1999) (CBA) New Jersey Nets (1999) Cleveland Cavaliers (1999) Orlando Magic (1999) Los Angeles Clippers (2001–2002) Golden State Warriors (2002–2003) Denver Nuggets (2003–2007) Milwaukee Bucks (2007) Charlotte Bobcats (2008) Virtus Bologna (2008–2009) Lega Washington Wizards (2009-2010) Milwaukee Bucks (2010-2011) Houston Rockets (2012) | |
Información en nba.com |
Earl Boykins, nado o 2 de xuño de 1976 en Cleveland, Ohio, é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente é axente libre.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]Boykins asistiu á Universidade Eastern Michigan dende 1995 até 1998, sendo elixido no mellor quinteto da súa conferencia no seu ano senior e junior. Durante a súa tempada de sénior, Boykins foi, con 26,8 puntos por partido o segundo máximo anotador da NCAA.
NBA
[editar | editar a fonte]Boykins xogou en Cleveland Cavaliers, New Jersey Nets, Orlando Magic, Los Angeles Clippers, Golden State Warriors, Denver Nuggets, Milwaukee Bucks e Charlotte Bobcats. Tamén pasou dous anos na CBA xogando en Rockford Lightning. Cos seus 1,65 m de altura, Boykins é o xogador máis baixo en activo da liga, e o segundo da historia detrás de Muggsy Bogues (1,60 m).
Tras deambular sen rumbo por varios equipos da NBA, Boykins atopou finalmente un contrato garantido en Denver Nuggets en 2004. O rol principal de Boykins sempre foi saír do banco e inxectar enerxía ofensiva ao seu equipo, en parte porque é un dos bases máis rápidos da liga. O 18 de xaneiro de 2005, Boykins bateu a marca de máis puntos nunha prórroga, con 15, aínda que posteriormente Gilbert Arenas superaríao con 16.
O 11 de xaneiro de 2007, Boykins foi traspasado a Milwaukee Bucks a cambio de Steve Blake, onde fixo medias de 14 puntos por noite. Como curiosidade, Boykins é o xogador máis baixo en anotar 30 puntos ou máis. Ao finalizar a tempada, o xogador non renovou e converteuse en axente libre até o 31 de xaneiro de 2008, cando asinou un contrato con Charlotte Bobcats.
Europa
[editar | editar a fonte]O 6 de agosto de 2008 asinou como axente libre polo Virtus Bologna italiano,[1] co que o 26 de abril de 2009 proclamouse campión do EuroChallenge, sendo ademais o máximo asistente da competición.
Regreso á NBA
[editar | editar a fonte]A tempada 2009-10 regresou a Estados Unidos asinando un contrato polos Washington Wizards cos que fixo unha media un total de 7.5 puntos e 2.9 asistencias por encontro. En agosto de 2010 comprometeuse por un ano e 1,3 millóns de dólares cos Milwaukee Bucks que se convertían no seu noveno equipo na NBA.
O 26 de marzo de 2012, asinou cos Houston Rockets.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ESPN.com Cats' Boykins latest NBA player to bolt for Europe, signs $3.5 million deal
- ↑ Tadisina, Karthik. "Houston Rockets: Rockets Sign Earl Boykins to Beef Up Guard Rotation". Bleacher Report (en inglés). Consultado o 2020-02-07.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores dos New Jersey Nets
- Xogadores dos Cleveland Cavaliers
- Xogadores dos Orlando Magic
- Xogadores dos Los Angeles Clippers
- Xogadores dos Golden State Warriors
- Xogadores dos Denver Nuggets
- Xogadores dos Milwaukee Bucks
- Xogadores dos Charlotte Bobcats
- Xogadores dos Washington Wizards
- Xogadores do Virtus Bologna
- Xogadores dos Houston Rockets
- Bases de baloncesto
- Nados en 1976
- Nados en Cleveland, Ohio