Muggsy Bogues

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Muggsy Bogues
Posición Base
Dorsal 1, 14
Altura 1,60 m (5 ft 3 in)
Peso 70 kg (154 lb)
Nacemento 9 de xaneiro de 1965 (50 anos)
Baltimore, Maryland, Estados Unidos
Carreira
Tempadas 19872001
NBA Draft 1987 / Rolda: 1 / Elección: 12

Escollido por Washington Bullets

Universidade Universidade de Wake Forest
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     6 858 (7,7 pp)
Asistencias     6 726 (7,6 pp)
Roubos     1 369 (1,5 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
  • Frances Pomeroy Naismith Award (1987)
  • #10 retirado por Wake Forest

Tyrone Curtis "Muggsy" Bogues, nado en Baltimore (Maryland) o 9 de xaneiro de 1965, é é un xogador retirado de baloncesto estadounidense que xogou na NBA, e tamén foi adestrador da agora desaparecida franquía da WNBA Charlotte Sting.

Xogou en catro equipos diferentes durante as súas catorce tempadas na NBA, mais xeralmente recórdaselle pola súa etapa cos Charlotte Hornets (hoxe en día en Nova Orleans). Con 1,59 m de altura e 62 kg de peso, é o xogador máis baixo de toda a historia da NBA. Os seus equipos foron Washington Bullets, Charlotte Hornets, Golden State Warriors e Toronto Raptors. Tamén formou parte das plantillas de New York Knicks e Dallas Mavericks, mais nunca chegou a debutar con ditos equipos.

Carreira[editar | editar a fonte]

Instituto e universidade[editar | editar a fonte]

Bogues xogou no instituto Dunbar da cidade de Baltimore, onde foi compañeiro de equipo doutros futuros xogadores da NBA coma David Wingate (promoción anterior á súa), Reggie Williams e Reggie Lewis (ambos do seu mesmo ano). Logo xogou durante catro anos na universidade de Wake Forest University de Carolina do Norte, cunha media de 11,3 puntos, 8,4 asistencias e 3,1 roubos por partido no seu terceiro ano. Durante o seguinte ano, os seus números melloraron ata 14,8 puntos, 9,5 asistencias e 3,9 roubos por partido. Tamén conseguiu capturar 3,8 rebotes por partido, algo meritorio tendo en conta que esa é unha estatística normalmente dominada por xogadores máis altos.

NBA[editar | editar a fonte]

Bogues foi elixido na posición duodécima do draft de 1897 polos Washington Bullets. Foi membro dunha xeración de moito talento á que pertenceron xogadores do nivel de David Robinson, Reggie Miller, Scottie Pippen ou Kevin Johnson. Na súa primeira tempada na NBA, Bogues foi compañeiro de equipo do sudanés Manute Bol (2,31 m), daquelas o xogador máis alto da historia da NBA (máis tarde sería desbancado por Gheorghe Muresan). Xuntos foron protagonistas de portadas de revistas.

Charlotte Hornets[editar | editar a fonte]

Durante a tempada 1988-1989 estaba prevista a entrada na NBA de dúas novas franquías, Miami Heat e Charlotte Hornets. Cando se incorporan novos equipos á NBA, todos e cada un dos equipos xa existentes deben "protexer" oito dos seus xogadores; os novos equipos elaboran o seu cadro de xogadores elixindo entre os xogadores que non foran protexidos polo resto dos equipos, no que se chama un draft de expansión. Aínda que non tiñan demasiado cuberta a posición de base, os Bullets non protexeron a Bogues e durante o draft de expansión que tivo lugar o 22 de xuño de 1988 foi elixido polos Hornets. En Charlotte, Muggsy Bogues consagrouse coma un excepcional pasador e un gran ladrón de balóns. O seu tamaño axudoulle a ser un dos xogadores máis rápidos sobre a cancha.

Bogues pasou dez anos en Charlotte nos que os Hornets, liderados por Alonzo Mourning e Larry Johnson, convertéronse nun dos equipos máis populares da NBA e nun eterno aspirante nos playoffs. Bogues foi un dos xogadores máis populares da historia dos Hornets, aínda que xamais conseguiu unha media de máis de 11,2 puntos nunha tempada.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Apenas dous partidos logo de comezar a temporada 1997-1998,a andadura de Bogues nos Hornets rematou ao formar parte dun traspaso que o mandou xunto con Tony Delk aos Golden State Warriors a cambio de B.J. Armstrong. Bogues xugou dúas tempadas cos Warriors, para logo firmar coma axente libre (sen ningún contrato en vigor) polos Toronto Raptors, onde remataría a súa carreira. Aínda que logo foi traspasado aos New York Knicks e aos Dallas Mavericks, non xogou nin un só partido con ningún deles.

Logo da NBA[editar | editar a fonte]

Tras deixar o baloncesto profesional traballou no negocio inmobiliario ata o 3 de agosto de 2005, cando foi nomeado adestrador das Charlote Sting da WNBA a pesares da súa falta de experiencia coma adestrador. Perdeu o seu traballo cando o equipo se desfixo en xaneiro de 2007.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • En 1993, Bogues conseguiu poñerlle un tapón ao pivote Patrick Ewing (2,13 m).
  • Bogues fixo unha aparición interpretándose a si mesmo na sitcom da televisión americana Curb Your Enthusiasm. Na escena na que actúa, coincide nun urinario con dous protagonistas da serie (interpretados polos actores Larry David e Richard Lewis) e case ten una pelexa cun deles ao sorprendelo mirándolle o pene.
  • En 1996 Bogues fixo unha aparición nos últimos minutos da comedia Eddie, no que o personaxe de Whoopi Goldberg liga con el. Posteriormente, Bogues apoia ao personaxe de Goldberg no seu intento por impedir que "Wild" Bill (propietario ficticio dos New York Knicks na película) traslade o equipo a outra cidade.
  • En 1996 Bogues apareceu na película Space Jam, coma un dos cinco xogadores da NBA cuxas habilidades para o baloncesto son roubadas por uns malvados extraterrestres. Os outros catro son Charles Barkley, Shawn Bradley, Larry Johnson e Patrick Ewing. A película ten a Michael Jordan como protagonista.
  • Bogues mide o mesmo que as xogadoras máis baixas da WNBA, Debbie Black e Temeka Johnson.
  • Mentras adestraba ás Charlote Sting, a xogadora máis baixa do seu equipo eran Helen Darling, máis de 7 centímetros máis alta que o propio Bogues.
  • Bogues estableceu os seguintes récords na franquía dos Hornets:
    • Maior número total de minutos xogados (19.768), asistencias (5.557), roubos (1.067) e perdas de balón (1.118).
    • Promedio máis alto de asistencias por partido (8,7927).
    • Promedio máis alto de asistencias por 48 minutos (13,4933).
    • Un dos xogadores con maior altura en cada salto que facía, o seu salto era de 1 metro e 5 centímetros de media.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]