EXOS A

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
EXOS A / Kyokko
TipoCientífico
Destino actualEn órbita, fora de servizo.[1]
Data de lanzamento4 de febreiro de 1978, 7:00 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorM-3H[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Kagoshima[2]
Obxectivo da misiónEstudo dos fenómenos aurorais e da magnetosfera e ionosfera terrestres.[2]
NSSDC ID1978-014A
Masa126,0 kg[2][6]
Potencia35 vatios[2]
BateríasUnha batería de níquel-cadmio.[2]
Datos orbitais
Semieixo maior8670 km[1]
Inclinación65,4 graos[1]
Apoapse3943,5 km[1]
Periapse655,8 km[1]

EXOS A (Exospheric Satellite A), tamén denominado Kyokko, foi un satélite artificial xaponés lanzado o 4 de febreiro de 1978 mediante un foguete M-3H desde o Centro Espacial de Kagoshima.[2][5]

Características[editar | editar a fonte]

EXOS A, xunto con EXOS B (Jikiken), foi unha contribución xaponesa ao Estudo Magnetosférico Internacional (IMS polas súas siglas en inglés). A súa misión foi estudar os fenómenos aurorais e da magnetosfera e ionosfera terrestres. O satélite tiña forma cilíndrica, con 0,946 m de diámetro, e con conos truncados como extremos do cilindro. A alimentación eléctrica era proporcionada polas células solares que recubrían case toda a superficie do satélite e producían ata 35 vatios de potencia, co apoio dunha batería de níquel-cadmio. Do ecuador do satélite sobresaían dous mastros de 1,9 m de lonxitude, cun imán no extremo de cada mastro para facilitar o aliñamento do eixo do satélite coas liñas locais do campo magnético terrestre. Do corpo do satélite tamén sobresaían dous conxuntos de antenas cuadripolo de polarización circular, un deles para transmitir en UHF (400 MHz) e o outro para transmitir en VHF (a 136 MHz para telemetría e 148 MHz para comandos). Os datos recollidos almacenábanse nunha cinta magnética capaz de almacenar 160 minutos de datos a 512 bps ou 40 minutos a 2048 bps.[1][2][3][6]

EXOS A deixou de operar o 2 de agosto de 1992. Entre os resultados científicos obtidos polo satélite, está a observación das auroras polares desde o espazo na rexión ultravioleta (1300 ángstroms), descubríndose que cando xorden as auroras prodúcese unha perturbación no plasma, producíndose unha forte emisión de ondas electromagnéticas.[7]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

EXOS A levaba a bordo os seguintes instrumentos:[2][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "KYOKKO 1 (EXOS A)" (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 2,9 NASA (14 de maio de 2012). "Kyokko" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2012. Consultado o 21 de xaneiro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Note verbale dated 1 May 1978 from the Permanent Representative of Japan to the United Nations addressed to the Secretary-General" (78-10700). 8 de maio de 1978: 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de abril de 2014. Consultado o 21 de xaneiro de 2013. 
  4. Claude Lafleur (2010). "EXOS 2 / Kyokko" (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Exos A (Kyokko)" (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2013. 
  6. 6,0 6,1 Mark Wade (2011). "EXOS" (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2013. 
  7. JAXA, ed. (2008). "KYOKKO" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2015. Consultado o 21 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]