EXOS D

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
EXOS D / Akebono
TipoCientífico
Destino actualEn órbita, fóra de servizo.[1]
Data de lanzamento21 de febreiro de 1989, 23:30 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorM-3S-2[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Kagoshima[2]
Obxectivo da misiónEstudo dos fenómenos aurorais e da magnetosfera e ionosfera terrestres.[2]
NSSDC ID1989-016A
Masa294,0 kg[2][6]
Datos orbitais
Semieixo maior8770 km[1]
Inclinación75,1 graos[1]
Apoapse4530,5 km[1]
Periapse269,3 km[1]

EXOS D (Exospheric Satellite D), tamén denominado Akebono, foi un satélite artificial xaponés lanzado o 21 de febreiro de 1989 mediante un foguete M-3S-2 desde o Centro Espacial de Kagoshima.[2][5]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de EXOS D foi estudar as rexións de aceleración por encima das zonas aurorais para mellorar a comprensión do mecanismo de aceleración e a súa relación coas subtormentas. O satélite estabilizábase por rotación, a 7,5 r.p.m. O control de actitude era levado a cabo magneticamente, co eixo da nave apuntando ó Sol. O ordenador de a bordo permitía automatizar a secuencia de toma de datos para unha semana completa. Tiña forma de cilindro octogonal cunhas medidas de 100 cm de alto e 126 cm de longo entre caras, cun par de antenas de 30 m de longo e dous mastros de 5 e 3 m. O centro de control e recepción de telemetría do satélite estaba en Kagoshima, con estacións secundarias en Syowa (Antártida) e Príncipe Alberto (Canadá).[1][2][3][6][7]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

EXOS D levaba a bordo os seguintes instrumentos:[2][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXOS D (AKEBONO)" (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (14 de maio de 2012). "Akebono" (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Note verbale dated 19 May 1989 from the Permanent Representative of Japan to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (89-14198). 2 de xuño de 1989: 1. Consultado o 26 de xaneiro de 2013. 
  4. Claude Lafleur (2010). "EXOS-D / Akebono" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2018. Consultado o 26 de xaneiro de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Exos D (Akebono)" (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2013. 
  6. 6,0 6,1 Mark Wade (2011). "EXOS" (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2013. 
  7. JAXA, ed. (2012). "Akebono" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2012. Consultado o 26 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]