EXOS B

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
EXOS B / Jikiken
TipoCientífico
Destino actualEn órbita, fóra de servizo.[1]
Data de lanzamento16 de setembro de 1978, 5:00 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorM-3H[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Kagoshima[2]
Obxectivo da misiónEstudo dos fenómenos aurorais e da magnetosfera e ionosfera terrestres.[2]
NSSDC ID1978-087A
Masa92,0 kg[2][6]
Potencia30 vatios[2]
Datos orbitais
Semieixo maior13410 km[1]
Inclinación31,1 graos[1]
Apoapse13.878,5 km[1]
Periapse199,6 km[1]

EXOS B (Exospheric Satellite B), tamén denominado Jikiken, foi un satélite artificial xaponés lanzado o 16 de setembro de 1978 mediante un foguete M-3H desde o Centro Espacial de Kagoshima.[2][5]

Características[editar | editar a fonte]

EXOS B, xunto con EXOS A (Kyokko), foi unha contribución xaponesa ao Estudo Magnetosférico Internacional (IMS polas súas siglas en inglés). A súa misión foi estudar os mecanismos da interacción entre campos e partículas e a turbulencia do plasma na ionosfera e magnetosfera terrestres. O satélite tiña forma de poliedro de doce caras, con dúas antenas de tipo dipolo, de 103 e 69,6 m de lonxitude. Dispoñía tamén dun mastro de 1 m de lonxitude en cuxo extremo se aloxaba o magnetómetro. A alimentación eléctrica era proporcionada por células solares que producían ata 30 vatios de potencia, co apoio dunha batería. A nave estabilizábase mediante xiro, cunh velocidade inicial de 150 r.p.m., que baixou a 3 r.p.m. tralo despregue das antenas. O control de actitude realizábase grazas a un sensor solar cunha precisión de 0,5 graos. Os datos enviábanse en tempo real, excepto os datos de enxeñería do satélite e os datos de plasma, que se gardaban nunha memoria de 10 Kbyte.[1][2][3][6]

EXOS B deixou de operar en 1985. Entre os resultados científicos obtidos polo satélite, está a observación e descubrimento do mecanismo de produción das ondas de radio aurorais de lonxitude de onda quilométrica e a formación de ondas de plasma. Ademais contribuíu a desvelar a maneira en que ondas e partículas interaccionan na magnetosfera.[7]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

EXOS B levaba a bordo os seguintes instrumentos:[2][5]

  • Ondas de plasma estimuladas (SPW).
  • Ondas de plasma naturais (NPW).
  • Propagación Doppler en VLF (DPL).
  • Impedancia e campo eléctrico (IEF).
  • Magnetómetro de porta de fluxo (MGF).
  • Espectro da enerxía das partículas (ESP).
  • Emisión controladas de feixes de electróns (CBE).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "JIKIKEN (EXOS-B)" (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (14 de maio de 2012). "Jikiken" (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Note verbale dated 20 November 1978 from the Permanent Representative of Japan to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (78-29149). 4 de decembro de 1978: 2. Consultado o 22 de xaneiro de 2013. 
  4. Claude Lafleur (2010). "EXOS B / Jikiken" (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Exos B (Jikiken)" (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2013. 
  6. 6,0 6,1 Mark Wade (2011). "EXOS" (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2013. 
  7. JAXA, ed. (2008). "JIKIKEN" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2012. Consultado o 22 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]