Ence

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "ENCE")
ENCE, S.A.
Ence, Caldeiras e precipitadores, Pontevedra, Galiza.jpg
Tipo Sociedade Anónima
Fundación 1957
Localización Pontevedra, Galicia
Industria Papeleira
Páxina web www.ence.es

ENCE S.A. (Empresa Nacional de Celulosas de España) é un grupo empresarial forestal español que se dedica á transformación de madeiras, sendo o primeiro propietario de bosques madeirables de eucaliptos en Europa e segundo produtor mundial de pasta de celulosa desta árbore.

Posúe tres plantas produtoras de pasta de celulosa en España, a máis antiga delas na parroquia de Lourizán[1], no concello de Pontevedra, fundada no ano 1957, e que arrastra numerosas denuncias por delito ecolóxico por vertidos incontrolados á ría de Pontevedra.[Cómpre referencia] Por este motivo a Asociación Pola Defensa da Ría e boa parte da veciñanza da comarca se mostran a favor do peche da planta ou do seu traslado.

As outras dúas plantas son de construción máis recente, e atópanse na cidade andaluza de Huelva e na asturiana de Navia. En conxunto, a súa produción anual é da orde do millón de toneladas de pasta de celulosa, xerando 1 245 000 MW de enerxía eléctrica ao ano.[Cómpre referencia] Esta enerxía eléctrica procede da combustión da biomasa, non de combustibles fósiles, e é, xa que logo, de orixe renovable.

A posibilidade da instalación dunha nova planta de produción de celulosa na marxe oriental do río Uruguai, nas proximidades das cidades de Frei Bentos no Uruguai e Gualeguaychú na Arxentina, xunto cunha similar da finlandesa Botnia, foron as causas do conflito diplomático que se desenvolve entre os gobernos da Arxentina e Uruguai.[Cómpre referencia] Con todo, a empresa xa anunciou a relocalización da planta de celulosa na localidade de Conchillas, próxima ás cidades de Nova Palmira e Colonia do Sacramento, coa aprobación do goberno arxentino. Ambos proxectos dispoñían das mellores tecnoloxías dispoñibles segundo IPPC-BREF da Unión Europea, a diferenza das plantas actualmente en funcionamento na Arxentina, de tecnoloxía obsoleta e usando algunhas delas cloro para branquear.

Con todo, mais alá da tecnoloxía de punta implementada por ambas papeleiras, na Unión Europea estas empresas non cumpren cos estándares de seguridade establecidos.[Cómpre referencia] Ademais cómpre destacar que entre a Arxentina e o Uruguai asinouse un tratado de preservación do medioambiente sobre o río Uruguai.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]