Asociación Española de Normalización y Certificación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «AENOR»)
Asociación Española de Normalización y Certificación
Tiponational standards organisation
Data de fundación1986
Sedecalle de Génova
PaísEspaña
Na rede
http://www.aenor.com
Youtube: UCl1cbwOPrFUxcq4yf61jIzw Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Asociación Española de Normalización y Certificación (AENOR) é unha organización privada, independente e sen fins de lucro dedicada á normalización e certificación da calidade no Estado español.

Historia[editar | editar a fonte]

Constituíuse en 1986, coincidindo coa entrada de España na Comunidade Económica Europea.[1] Até entón a normativa de normalización era responsabilidade do Instituto de Racionalización y Normalización (IRANOR), entidade pública creada en 1945 dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas.[2]

Asociación Española de Normalización y Certificación
Oficinas en España 20
Cadro de persoal 581
Normas en catálogo 31.519
Produtos certificados 106.656
Certificados vixentes de sistemas de xestión 18.473
Páxina web http://www.aenor.es
Fonte: Datos Principais AENOR
Empresa certificada por Aenor.

Historia[editar | editar a fonte]

No primeiro ano creáronse os primeiros 24 comités técnicos de normalización, herdando o traballo de IRANOR, partindo de 7.810 normas, xa existentes.[1] Un ano despois, AENOR asumía a representación do Estado ante os organismos europeos: CEN, CENELEC e ETSI e internacionais ISO e IEC.

Actualmente,[cando?] son máis de 200 os comités técnicos de normalización nos que participan preto de 6.000 expertos.

En 1989 comezouse a certificación segundo UNE-EN ISO 9001 actualmente hai máis de 26.000 certificados.[3][4]

En 1992, coa celebración do Cumio da Terra no Río de Xaneiro, iniciáronse as políticas ambientais nas empresas, ISO 14000. Os primeiros certificados de AENOR desta norma son de 1994 e xa se levan emitidos máis de 6.900 certificados.[5]

En 2011, no seu 25 aniversario, AENOR contaba con 200 Comités Técnicos de Normalización, 28.000 normas e máis de 90.000 produtos exhiben a marca N. Nestes anos lévanse emitido máis de 60.000 certificados de sistemas de xestión.[6]

Notas

  1. 1,0 1,1 "Conócenos; Historia". aenor.com (en castelán). 
  2. "Consejo Superior de Investigaciones Científicas". www.csic.es. Consultado o 2023-10-17. 
  3. "La Asociación Española de Normalización (UNE): AENOR se divide en dos, y el normalizador pasa a llamarse UNE – PDCA Home" (en castelán). 2017-02-19. Consultado o 2023-10-17. 
  4. "Certificación de calidad - AENOR". www.aenor.com. Consultado o 2023-10-17. 
  5. Certificación de Medio Ambiente - AENOR. Consultado o 17 de outubro de 2023.
  6. "UNE ; Revista de la Normalización Española". revista.une.org (en castelán). Consultado o 2023-10-17. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]