EMAS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
EMAS
Eco-Management and Audit Scheme
Logo
AcrónimoEMAS
TipoRegulación. Sistema de xestión ambiental
PropósitoMellorar o rendemento ambiental das organizacións
Campo de traballoXestión ambiental
Área de operaciónUnión Europea
Data de fundación1993
Fundador(es)Comisión Europea
Organización matrizComisión Europea
SedeBruxelas
PaísBélxica
Na rede
Páxina oficial do EMAS
editar datos en Wikidata ]

EMAS (acrónimo do inglés Eco-Management and Audit Scheme, sistema comunitario de xestión e auditoría ambiental) é unha normativa comunitaria voluntaria para organizacións da Unión Europea que recoñece ás organizacións que melloran o seu rendemento ambiental de forma continua.[1] O programa está dispoñíbel para a participación das empresas desde 1995 e inicialmente estaba limitado a empresas dos sectores industriais. Desde 2001, EMAS está aberto a todos os sectores económicos, incluídos os servizos públicos e privados.

En 2009, o Regulamento EMAS[2] foi revisado e modificado por segunda vez. Foi publicado o 22 de decembro de 2009 e entrou en vigor o 11 de xaneiro de 2010.

Como na norma ISO 14001, os procesos baseados na mellora continua son un requisito esencial dos sistemas de xestión baseados no medio ambiente de EMAS. O proceso de mellora continua é un concepto moi coñecido na xestión da calidade.

Hai máis de 4.100 organizacións rexistradas legalmente. Dispoñen dun sistema de xestión ambiental e informan sobre o seu desempeño ambiental mediante a publicación dunha declaración ambiental verificada de forma independente. Están recoñecidos polo logotipo EMAS, que garante a fiabilidade da información facilitada, e un número de rexistro correspondente. As organizacións certificadas van desde industrias, pequenas e medianas empresas, empresas de servizos, organizacións do sector terciario, administracións e organizacións internacionais (incluíndo a Comisión Europea e o propio Parlamento Europeo).[3]

Decisión (UE) 2015-801 do 20 de maio de 2015 sobre o documento de referencia sobre a mellor práctica de xestión ambiental, indicadores de rendemento ambiental do sector e referencias de excelencia para o sector do comercio retallista baixo o Regulamento (CE) Nº 1221/2009 do Parlamento Europeo e do Consello sobre a participación voluntaria de organizacións nun esquema comunitario de eco-xestión e auditoría (EMAS).

Requisitos[editar | editar a fonte]

Hai varios requisitos que as organizacións deben cumprir para rexistrarse no EMAS.

  1. A organización debe ter unha política en relación co medio ambiente.
  2. Debe establecerse unha revisión sistemática da política.
  3. Debe haber obxectivos claros desa organización en materia de medio ambiente, baseados na política ambiental.
  4. Auditorías relacionadas co ambiente.
  5. Unha declaración clara da organización sobre ambiente.

Inscrición no rexistro EMAS[editar | editar a fonte]

A organización que queira adherirse ao sistema EMAS en Galiza deberá ter implantado previamente un sistema de xestión ambiental e emitir unha declaración ambiental (documento que informe sobre o impacto ambiental e o comportamento da organización e sobre a súa mellora permanente en materia de medio ambiente). O sistema de xestión e a declaración deberán ser examinados por unha entidade externa recoñecida, verificadora debidamente acreditada (empresa acreditada pola Unión Europea para desempeñar esta función).[2] Unha vez realizada a comprobación, a organización deberá presentar a solicitude de adhesión ao sistema EMAS ante o órgano competente, que no caso de Galiza é a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta. A certificación dos portos e peiraos pode ser tramitada por Portos de Galicia.[4]

Para permanecer no rexistro EMAS, as organizacións rexistradas deben actualizar a información da súa declaración ambiental anualmente, e calquera cambio no mesmo debe ser validado por un verificador ambiental cada ano. Para as pequenas organizacións, poden ampliar a frecuencia de renovación até catro anos e a frecuencia de actualización de datos até dous anos.[5]

Notas

  1. "What is an EMS?". www.environmentalmanagementsystem.com.au. Consultado o 2023-10-15. 
  2. 2,0 2,1 "Sistemas de xestión ambiental. EMAS; Normativa" (PDF). www20.gencat.cat (en catalán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de abril de 2012. Consultado o 15 de outubro de 2023. 
  3. EP-Website, 10 Nov. 2008
  4. "Portos de Galicia tramita a certificación ambiental europea EMAS para os portos da costa cantábrica - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2023-10-15. 
  5. "SMEs". single-market-economy.ec.europa.eu (en inglés). Consultado o 2023-10-15. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]