Dragóns escuros
Aparencia
Os Dragóns Escuros (邪悪龍 Jaakuryū?), son un grupo de personaxes da serie Dragon Ball GT. Apareceron oito, un por cada unha das Bólas do Dragón, e máis un dragón inicial.
Kokuen No Ryu
[editar | editar a fonte]Este dragón é, en teoría, a parte escura de Shenron. Inmediatamente despois de ser destruído Súper C-17, Son Goku e compañía reuniron as Bólas máxicas para revivir a Krilín e a tódalas persoas que morreran. Nun primeiro momento, as Bólas tiñan fisuras e trala invocación de Shenron, este non apareceu, e no seu lugar saíu Kokuen No Ryu. Este dragón de pel azulada, negouse a conceder os desexos e só desafiou e mofouse de todos, para logo dividirse nos sete Dragóns escuros.
- Dragón dunha estrela: Yi Xing Long
- Dragón de dúas estrelas: Er Xing Long
- Dragón de tres estrelas: San Xing Long
- Dragón de catro estrelas: Si Xing Long ou Shun Shen Rong
- Dragón de cinco estrelas: Wu Xing Long ou Un Shin Rong
- Dragón de seis estrelas: Liu Xing Long ou Ryu Shirong
- Dragón de sete estrelas: Qi Xing Long ou Chihi Shin Rhong