Saltar ao contido

Donetsk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDonetsk
Донецьк (uk)
Донецк (ru) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Fotomontaxe
Vista no inverno
Imaxe

EpónimoJohn Hughes, Iosif Stalin e Rio Donets (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 48°00′32″N 37°48′15″L / 48.0089, 37.8042
Territorio reivindicado porRusia (2022–) Editar o valor en Wikidata
EstadoUcraína
ÓblastsOblast de Donetsk (pt) Traducir
Raião da Ucrânia (pt) TraducirDonetsk Raion (en) Traducir
Hromada (en) TraducirDonetsk Hromada (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Oblast de Donetsk (pt) Traducir (1932–)
Donetsk Hromada (en) Traducir (2020–)
Donetsk Raion (en) Traducir (2020–) Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación901.645 (2022) Editar o valor en Wikidata (2.518,56 hab./km²)
Lingua oficiallingua ucraína Editar o valor en Wikidata
Relixiónreligion in Donetsk (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie358 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRio Kalmius (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude169 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
FundadorJohn Hughes Editar o valor en Wikidata
Creación1869 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoAlexey Kulemzin (en) Traducir (2016–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal283000–283497 e 83000–83497 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico622 e 623 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webgorod-donetsk.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: 1550728575214197 Telegram: gorodDonetsk VK: club79374308 Youtube: UC0mqv1Caywz51dVVz91ryWg Editar o valor en Wikidata

Donetsk[1] é unha cidade de Ucraína, no extremo sueste do país, cabeceira da rexión minerometalúrxica e industrial de Donbass, unha das maiores de Europa, aínda que coma case todas deste tipo, en forte recesión. A poboación da cidade segundo ó censo do 2001 era de 1 016 194.

A orixe de Donetsk ten sido xustamente unha planta metalúrxica establecida no lugar polo británico John Hughes en 1869.

A bisbarra onde se asenta a cidade era unha zona de granxas pertencentes a terratenentes, aldeas dos campesiños que as traballaban e, dende o século XVIII, explotacións mineiras do carbón espalladas polo territorio.

Yuzovka en 1912 dende a aceiría.

En 1869, o empresario galés John Hughes obtivo da administración tsarista a concesión para levantar uns altos fornos en terreos que mercou ao príncipe Sergey Kochubeem próximos á aldea de Aleksandrovka. Xunto a aceiría, unhas vivendas para os obreiros e pronto, ao norte, unha pequena poboación (entre o río Kalmius ao leste e un afluente menor ao oeste) e que recibiu o nome de Hughesovka (Yuzovka na transcrición fonética ao ruso) [1] Arquivado 11 de marzo de 2014 en Wayback Machine..

O crecemento do centro metalúrxico e a cidade (en retícula, privilexiando as rúas norte-sur) foron paralelos e espectaculares: de 164 habitantes en 1870 a 5.494 (1884), 29.000 (1897), 70.000 (1914-17).

En 1924, xa na época soviética coma parte de Ucraína, cambiou ou seu nome a Stalino (non por Stalin senón por aceiro en ruso).

Durante a segunda guerra mundial foi case que totalmente destruída, sendo reconstruída a grande escala no período posterior. En 1961 renomeouse coma Donetsk, polo río en cuxa conca esténdese unha das concentracións mineiras e industriais maiores do mundo (Donbass), da que a cidade é o centro máis importante.

Nos últimos decenios, coma o resto das áreas da industria pesada do planeta, sofre unha forte recesión e reconversión.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]