Donald Knuth
Aparencia
Donald Ervin Knuth, nado o 10 de xaneiro de 1938 en Milwaukee (Wisconsin), é un programador informático estadounidense. É un dos máis recoñecidos expertos en ciencias da computación pola súa investigación dentro da análise de algoritmos e compiladores. É Profesor Emérito da Universidade Stanford.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Coñéceselle principalmente por ser o autor da obra The Art of Computer Programming, unha das máis respectadas referencias no campo das ciencias da computación. Sentou as bases e deu nome á análise de algoritmos, e realizou numerosas achegas a varias ramas teóricas da informática. É o creador de TeX, do sistema de deseño de tipos METAFONT e do estilo de programación coñecido como programación literaria.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Donald Knuth’s home page Arquivado 14 de xullo de 2004 en Wayback Machine. (en inglés)
Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |