Don Rickles
Donald Jay "Don" Rickles, nado o 8 de maio de 1926 en Queens (Nova York) e finado o 6 de abril de 2017 en Beverly Hills (California), foi un actor estadounidense. Apareceu en diversos filmes como Run Silent, Run Deep (1958) xunto a Clark Gable, Os violentos de Kelly (1970) con Clint Eastwood e Casino (1995) con Robert De Niro. A súa carreira profesional comezou no ano 1976, e entre os seus maiores éxitos salientan a serie de humor de NBC C.P.O. Sharkey e a súa propia serie, The Don Rickles Show (1972).
Un actor principal nos hoteis e casinos das Vegas e membro periférico de Rat Pack a través da súa amizade con Frank Sinatra,[1] Rickles recibiu unha ampla exposición como convidado adoito en programas de entrevistas e variedades, que inclúen The Dean Martin Show, The Tonight Show Starring Johnny Carson e Late Show with David Letterman, e tamén puxo a voz do Mr. Potato Head na franquía cinematográfica de Toy Story. Gañou un Premio Emmy Primetime polo documental de 2007 Mr. Warmth: The Don Rickles Project.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Rickles, Don and David Ritz (2007). Rickles' Book: A Memoir. Simon & Schuster. p. 91 ISBN 978-0-7432-9305-1.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Don Rickles |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Rickles, Don; Ritz, David (2007). Rickles' Book: A Memoir. Simon & Schuster. ISBN 978-0-7432-9305-1.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Don Rickles na IMDb (en inglés).