Saltar ao contido

Antón Palacio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xosé Antón Palacio Sánchez»)
Modelo:BiografíaAntón Palacio
Biografía
Nacementodécada de 1940 Editar o valor en Wikidata (74/84 anos)
Ferreira de Pantón, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilólogo, tradutor Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1153588 Bitraga: 1466 BUSC: palacio-sanchez-xose-antonio Dialnet: 2317865


Xosé Antonio Palacio Sánchez, nado en Ferreira de Pantón, é un filólogo e tradutor galego, catedrático de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo até a súa xubilación en 2017. Foi un dos fundadores da Facultade de Filoloxía e Tradución desa universidade[1].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Maxisterio en Ourense, rematando en 1968, e despois licenciouse en 1974 en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse en 1981 coa tese Toponimia del ayuntamiento de Pantón (Lugo), dirixida por Constantino García. Exerceu a docencia durante máis de catro décadas, primeiro como mestre de escola e despois como profesor universitario en Ourense, Pontevedra e, por último, no campus de Vigo.

Destacou como experto en onomástica[2] e fundou a Asociación Galega de Onomástica, creada en Santiago de Compostela en 1999[3]. É membro correspondente da Real Academia Galega desde 2012[4].

Tamén cultivou a tradución literaria, e participou en proxectos colectivos como a tradución ao galego de Don Quixote da Mancha[5].

Ocupouse da coordinación editorial da colección literaria Xuvenil Alfaguara.