Domingo
Aparencia
O domingo é o sétimo día da semana. O nome "domingo" vén do latín Dominicus (dies) ou día do Señor, por causa da celebración cristiá da Resurrección de Xesús.
Cando o Instituto da Lingua Galega elaborou o Atlas Lingüístico Galego, tamén foi rexistrada localmente a forma arcaica primeira feira[1], soamente observada polo estudo nos lugares de Sistallo (en Cospeito) e Vilachán (en Tomiño)[2] . O termo "primeira feira" procede do latín prima feria (ou feria prima)[3].
Nomes noutras linguas
[editar | editar a fonte]Lingua | Nome | Significado |
---|---|---|
Alemán | Sonntag | Día do Sol |
Búlgaro | Неделя/Nedelia | Día que non se traballa |
Catalán | Diumenge | Día do Señor |
Checo | Neděle | Día que non se traballa |
Chinés Tradicional | 星期天/Xīng Qī Tian 星期日/Xīng Qī Rī |
Día do Paraíso Día do Sol |
Español | Domingo | Día do Señor |
Éuscaro | Igandea | "Igan Handia" ("O cumio da suba da lúa chea") |
Francés | Dimanche | Día do Señor |
Holandés | Zondag | Día do Sol |
Inglés | Sunday | Día do Sol |
Irlandés | Dé Domhnaigh | Día do Señor |
Islandés | Sunnudagur | Día do Sol |
Italiano | Domenica | Día do Señor |
Noruegués | Søndag | Día do Sol |
Quechua | Inti P'unchay | Día do Sol |
Polaco | niedziela | Día que non se traballa |
Portugués |
Domingo | Día do Señor |
Romanés | Duminica | Día do Señor |
Ruso | Воскресенье/Vaskriesienie | Resurrección |
Xaponés | 日曜日/Nichiyoubi | Día do Sol |
O domingo na cultura popular galega
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: A semana na cultura popular galega.
- Algún día será domingo e martes de entroido [4]
- Cada martes ten o seu domingo [5]
- Cando chove o domingo antes da misa, toda a seman vai de risa [6]
- Cando o ano entrare en domingo, vende os bois e merca millo [7]
- Cando o domingo chove dispois da misa, a semaniña enteira vaise de risa [8]
- Día de entroido e domingo de páscoa, cada larpeiro na sua casa [9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Instituto da Lingua Galega. "Domingo". Índices do Atlas Lingüístico Galego (ALGa).
- ↑ Ben Falado! - O que todo galego debe saber do portugués (9) (Programa de televisión). Televisión de Galicia. Escena en 2:10.
- ↑ "Por que domingo não se chama primeira-feira?". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2014. Consultado o 07 de marzo de 2014.(en portugués)
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. día.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. martes.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. chover.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. ano.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. domingo.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. entroido.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Domingo |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de domingo |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo 1958-1961.