Domenico Losurdo
Domenico Losurdo | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 14 de novembro de 1941 |
Lugar de nacemento | Sannicandro di Bari |
Falecemento | 28 de xuño de 2018 |
Lugar de falecemento | Ancona |
Causa | cancro do esófago |
Nacionalidade | Italia e Reino de Italia |
Alma máter | Universidade de Urbino |
Ocupación | filósofo, escritor, profesor universitario, historiador e tradutor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Domenico Losurdo, nado en Sannicandro di Bari en 1941, é un filósofo, historiador e politicólogo marxista italiano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Doutor en Filosofía pola Universidade de Urbino, é decano da Facultade de Educación da mesma universidade. É autor de numerosos ensaios, nos que ten criticado o concepto de totalitarismo, procurándolle unhas orixes na teoloxía cristiá. Ademais, asegura que a xénese do fascismo e do nazismo sitúase nas políticas imperialistas e colonialistas de Occidente, que foron as responsables das primeiras actividades xenocidas e de control político.
O seu principal ámbito de investigación refírese á reconstrución da historia da filosofía política clásica alemá, imprimíndolle un cariz marcadamente crítico e con especial énfase en Hegel, Kant, Nietzsche e Heidegger.
As súas dúas úlitmas obras representan unha nova óptica no abordamento de dúas figuras clave do século XX. En Stalin. Storia e critica de una leggenda nera, reconsidera a figura de Stalin dende unha aproximación profundamente reflexiva, distanciándose das biografías demonizadoras do líder soviético[1]. Pola súa banda, en La non-violenza. Una storia fuori dal mito, tamén se afasta das posicións, neste caso laudatorias, que a maioría das biografías toman na análise do líder indio Gandhi[2].
Obras[editar | editar a fonte]
- Autocensura e compromesso nel pensiero politico di Kant, Napoli, 1984
- Hegel und das deutsche Erbe. Philosophie und nationale Frage zwischen Revolution und Reaktion, Köln, 1989
- La comunità, la morte, l'Occidente. Heidegger e l' "ideologia della guerra", Torino, 1991.
- Hegel e la libertà dei moderni, Roma, 1992
- Democrazia o bonapartismo: trionfo e decadenza del suffragio universale, Bollati Boringhieri, Torino, 1993;
- La Seconda Repubblica. Liberismo, federalismo, postfascismo, Bollati Boringhieri, Torino, 1994.
- Controstoria del liberalismo, Roma-Bari, Laterza, 2005.
- Il linguaggio dell'Impero : lessico dell'ideologia americana Roma- Bari, Laterza, 2007
- Stalin. Storia e critica de una leggenda nera', Carocci Editore, Roma, 2008.
- La non-violenza. Una storia fuori dal mito, Laterza, 2011.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Crítica de Miguel Urbano Rodrígues
- ↑ "Reseña de Pascual Serrano en LibreRed.net". Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2012. Consultado o 23 de decembro de 2011.